A Lei de Acuicultura revisarase "artigo por artigo"

|


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mostrouse disposta a "revisar artigo por artigo" co sector o anteproxecto da lei de acuicultura, sen "liñas vermellas", tralo anuncio desta semana de que a Xunta paraliza a tramitación do texto ante o rexeitamento das confrarías, 'bateeiros' e traballadores do marisqueo.



"Estamos dispostos a sentarnos a revisar artigo por artigo o que faga falta e estamos a espera do que decida o sector", apuntou Quintana á prensa este venres antes de participar nunha reunión coa Federación de Confrarías de Pontevedra no marco de rolda de contactos provinciais que xa lle levou a manter un encontro coa da Coruña e que proseguirá o sábado coa de Lugo.



Preguntada sobre a esixencia do sector de retirada por completo do texto, Quintana respondeu: "Como non sexa retirala de exposición pública, non sei de onde a podo retirar!". "A lei estaba a iniciar o proceso, primeiro elabórase un borrador desde a administración, exponse á sociedade civil e ao sector ao que vai destinada para que presenten as súas observacións e as súas alegacións e, por tanto, non a podo retirar de ningún sitio", sostivo.



Por iso, dixo que a Consellería está "aberta ao que decida" o sector, pois a lei está dirixida a este, segundo remarca, de forma que "será o sector o que decida se é necesaria ou non unha lei", pois "en absoluto" hai unha liña vermella.


"Sempre dixen que nunca fariamos nada sen o debido consenso co sector", asegurou, antes de agregar que non se fará nada "sen que o sector entenda que é algo beneficiosos para eles".



"NON TEÑO NINGUNHA CARTA ESCONDIDA NA MANGA"


"O sector coñéceme desde hai moitos anos, non teño ningunha carta escondida na manga, nunca estou a mirar nada con dobleces e non teño ningunha liña vermella", resumiu Rosa Quintana.



Con todo, entende que "non" é posible continuar sen unha lei de acuicultura en Galicia, "porque hai moitos ocos na normativa que está en vigor e deixa moita arbitrariedade". Por este motivo, pide un texto que faga que "as normas de xogo sexan claras e iguais para todos os cidadáns".


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress