#Claves de la semana

As tres sensibilidades do BNG debatiranse nas asambleas comarcais

O documento base do BNG no que se recollen os postulados políticos e teses organizativas para a asemblea nacional do 28 de febreiro e os dous votos particulares presentados serán debatidos nas asembleas comarcais tras ser aprobados este sábado polo Consello Nacional.

|


O documento base do BNG no que se recollen os postulados políticos e teses organizativas para a asemblea nacional do 28 de febreiro e os dous votos particulares presentados serán debatidos nas asembleas comarcais tras ser aprobados este sábado polo Consello Nacional.



Nun comunicado, a formación nacionalista explicou que os textos aprobados, tras o debate das 117 emendas presentadas polos membros do Consello, son tres. Así, viron luz verde o relatorio oficial elaborado pola comisión redactora--que incorporou unha parte substancial das emendas-- e os dous documentos presentados en forma de votos particulares.



Un destes textos foi elaborado polas deputadas autonómicas Carme Adán e Tereixa Paz e, o outro, por Alba Nogueira. As tres na súa condición de integrantes do Consello Nacional, o máximo órgano de decisión entre asembleas.



Segundo destacou o Bloque, todos eles concordan no obxectivo de manter o proxecto nacionalista do BNG como "unha forza auto organizada, autónoma e con perfil propio perfectamente diferenciado na defensa do país, que entende Galicia como unha nación, e defende o dereito de autodeterminación dos pobos".



Así mesmo, apostan pola "refundación" do proxecto nacionalista para frear a caída electoral do Bloque nos últimos anos, que o BNG ve "claramente reflectido" nos resultados dos comicios de 20D. "Unha refundación que se apunta como necesaria, tras abrir un proceso de debate entre a militancia e o conxunto da cidadanía que, segundo as propostas, debería estar defendida antes das eleccións galegas ou formularse tras un período de maior debate", sinala o Bloque.



Neste sentido, apuntou que "preocupa especialmente" a perda de apoio entre a mocidade e na Galicia urbana, que se considera "vital" para recuperar, actualizando as mensaxes e a forma de comunicalos.



CONCORRENCIA ELECTORAL


Nas asembleas comarcais a militancia tamén debaterá sobre as fórmulas de concorrencia electoral para os comicios galegos e sobre o modelo organizativo que se propón nos textos. "Hai unha aposta clara polo asamblearismo, sinal de identidade o Bloque como expresión de máxima democracia e transparencia", asegura o BNG.



Ademais, os textos abren o abanico entre a proposta de concorrer ante os electores sumando a todas as forzas nacionalistas posibles, e a de explorar vías de confluencia a través dunha coalición técnica en pié de igualdade con forzas nacionalistas e de esquerdas que operen en Galicia.



A militancia terá a última palabra no conclave do 28 de febreiro na XV asemblea nacional que terá lugar no Palexco da Coruña, tal e como destacou este domingo. Os debates nas comarcas prolongaranse ata o 15 de febreiro, data límite para remitir as emendas aprobadas pola militancia ao Consello Nacional, que celebrará un último encontro antes da cita asemblearia o día 20.

relacionada O BNG comeza a perfilar o seu futuro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE