#Claves de la semana

O BNG comeza a perfilar o seu futuro

O bloque nacionalista debe decidir se se abre a pactos con formacións que non sexan netamente nacionalistas, como En Marea


|


A dirección do Bloque nacionalista galego reúnese esta fin de semana dentro do calendario programado para o desenvolvemento da asemblea nacional do 28 de febreiro. O documento base no que se recollen os postulados políticos e teses organizativas, a liña 'oficial',  someterase ao seu primeiro exame este sábado, fronte a propostas particulares que abogan por cambios máis profundos. 
É previsible que dous votos particulares, tanto o presentado polas deputadas Carme Adán e Tereixa Paz (UPG), como pola profesora universitaria Alba Nogueira, saian adiante e cheguen a debaterse ante a asemblea o 28 de febreiro, en que Xavier Vence deixará a Portavocía Nacional.
Tanto a liña oficial como as aportacións particulares asumen a necesidade de iniciar cambios no proxecto do BNG, pero o documento base é máis conservador, tanto na política de alianzas para as eleccións autonómicas, como na propia organización.


POLÍTICA DE PACTOS


Desta maneira, sobre a política de alianzas para as autonómicas deste ano, a liña 'oficial' rexeita os pactos con outras formacións políticas que non sexan netamente nacionalistas, é dicir, declina participar no proxecto das mareas.



Fronte a eles, as outras dúas opcións apostan por políticas de pactos "flexibles", no caso do documento das deputadas; e forxar unha "alianza das forzas nacionalistas e das esquerdas para derrotar a dereita centralista e conformar un goberno plural na Xunta", no que asina Nogueira.



PROPOSTA ORGANIZATIVA


O documento base para debate propón impulsar a denominada 'Iniciativa Máis Alá', que avoga por establecer unha "fórmula como ferramenta participativa para a reformulación e apertura dunha estpa do proxecto político do nacionalismo', e márcase a obrigación de "rematar no prazo dun ano coa celebración dun asemblea nacional específica para este proceso".



Neste sentido, propón desenvolver asembleas abertas, mesas redondas, reunións con colectivos e persoas, grupos de discusión e debate e espazos web, entre outros. En atención a iso, debateranse tres bloques de contidos: radiografía social, política e económica da Galicia actual; estratexia política do nacionalismo; e participación política e modelo organizativo.



Con todo, o voto particular presentado polas dúas deputadas do Parlamento galego quere unha "reformulación da concepción da militancia e da participación na organización", cun deseño da estrutura que sexa "sinxela, áxil, pouco burocrática e moi participativa, pero á vez que poida funcionar ao momento e poida responder ao día a día da política".


"Facer profunda autocrítica, recoñecer o fracaso electoral e, en consecuencia, iniciar un proceso de refundación do nacionalismo na próxima asemblea nacional que se desenvolva desde a base mesma da militancia", reclama este voto particular.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE