Figueroa nega irregularidades e ter recibido regalos no marco da Operación Patos

|


O concelleiro do PP no Concello de Vigo e exvicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Chema Figueroa, 

compareceu este martes ante a xuíza da Operación Patos, negando irregularidades na adxudicación do campo de fútbol de Coia, así como a recepción de agasallos.



Figueroa foi chamado a declarar en relación coa adxudicación deste campo de fútbol á construtora Eiriña, de Enrique Alonso Pais, xa que a Policía entende que se cometeron irregularidades na concesión dunha subvención e na adxudicación da obra.



Na súa declaración, o concelleiro vigués, segundo fontes xurídicas,  atribuíu a responsabilidade desa concesión aos técnicos da Deputación, e negou recibir ningún agasallo de Eiriña. Nesa liña, Figueroa precisou que dera instrucións de que se devolvesen os obsequios que lle enviasen.



Con respecto a Alonso Pais, un dos principais investigados, José Manuel Figueroa recoñeceu que o coñece desde hai algúns anos, porque é unha persoa vinculada ao PP.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress