#Claves de la semana

CCOO e UXT maniféstanse polo dereito á folga e contra a 'Lei mordaza'

Recordan que hai "maís de 300 compañeiros encausados" por defender os dereitos dos traballadores, denunciando unha campaña disuasoria baseada na represión


|

O


Os sindicatos CCOO e UXT concentráronse unha vez máis nas rúas de Santiago, Ferrol, Lugo, Viveiro, Ourense e Pontevedra. Unha acción de protesta coordinada en defensa do dereito á folga, que ven restrinxido como parte dunha estratexia do goberno do partido popular para silenciar as alternativas "ás súas políticas de recorte que están prexudicando a toda a sociedade".


Dende os sindicatos consideran que o Goberno escolleu un camiño que volve o pasado, volvéndolle a cabeza ao diálogo e reprimindo todas as manifestacións contrarias ás súas políticas. Neste senso, Rosa Arcos (UXT) critica os cambios introducidos no código penal e a introducción da 'Lei Mordaza', considerando que se conculcaron "de maneira bastante arbitraria as capacidades da sociedade de poderse manifestar".


A estas limitacións da capacidade de manifestación únese segundo os sindicatos unha estratexia represiva encamiñada á disuadir á sociedade de manifestarse. Arcos asegura que "cando finalmente saímos a reivindicar as penas que se están solicitando para as persoas que se ven implicadas nalgún tipo de desorden son completamente desproporcionadas", denunciando que a miúdo se esaxeran este tipo de altercados. 


Nesta misma liña Paco Carrera, de CCOO, recorda que neste momento "temos máis de 300 compañeiros encausados" por defender o dereito á folga ou os dereitos dos traballadores. Entre estes 300 encausados estarían os galegos Carlos e Serafín, condenados a 3 anos de prisión, que esperan resposta para as súas peticións de indulto. Tamén os oito traballadores de Airbus que se enfrontan a un total de 66 anos de cárcere, que serán xulgados a partir de mañá. 


Carrera considera evidente que existe unha estratexia disuasoria do goberno baseada na represión. Por iso piden a derogación do artigo 315.3 do Código Penal, un artigo "preconstitucional"  que contempla un delito agravado, que "non se aplicaba nunca e de repente se saca do caixón". Para Carrera a aplicación deste artigo non responde a unha casualidade, senón a unha estratexia "que foi promovida polo Goberno". 


Os sindicatos aseguran que neste momento "toda Europa lle está decindo" ao goberno que a vía represiva non é o camiño. Por eso relcaman que se cambie "esta política represiva por unha política que tenda pontes", 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE