O Sergas comezará a vacinar bebés contra a varicela
Paralelamente, seguirán vacinándose os preadolescentes a partir de 12 anos que non pasaran a enfermidade, como se vén facendo dende o ano 2005

O Sergas comezará a vacinar bebés contra a varicela a partir do 1 de Abril. A vacina dividirase en dúas doses, administrando a primeira delas aos 15 meses e a segunda cando os nenos cumpran 3 anos.
Paralelamente, seguirán vacinándose os preadolescentes a partir de 12 anos que non pasaran a enfermidade, como se vén facendo dende o ano 2005. Tamén recibirán a vacina os grupos de risco, como os profesionais médicos ou os traballadores de garderías e a vacina estará dispoñible nas farmacias para todos aqueles que a desexen.
Para este ano Sanidade xa adquiriu 25.000 doses da vacina, que poderían ampliarse en función das necesidades. O obxectivo é vacinar uns 16.000 nenos neste primeiro ano, unha cifra que aumentaría ata os 20.000 a partir do 2017.
Escribe tu comentario