#Claves de la semana

A oposición denuncia en bloque o colapso das urxencias galegas

Mentres, os traballadores de Vigo seguen co seu calendario de mobilizacións, reclamando persoal no Álvaro Cunqueira e protestando contra o "desmantelamento" do Meixoeiro



|


Os tres grupos da oposición en Galicia denunciaron este xoves o "colapso" das urxencias de varios hospitais públicos en galegos,reclamando solucións inmediatas para unha situación que definen como "caótica". Pero dende o PP negan que exista unha situaciónd de colapso, senón que tan só existe unha "saturación en momentos puntuais". 


Os populares votaron en contra da proposición non de lei do BNG, que reclamaba medidas ante unha situación que segundo eles non responde a casos puntuais, senón ao "indecente" peche de camas de hospitalización e ao recorte nas plantillas sanitarias, que cifran nun total de "case 3.000 profesionais". 


Dende o PSdeG sumáronse ás críticas do bloque, denunciando "colapsos continuos que se complican dramáticamente cando chega a gripe", mentres que AGE denunciou un "problema global" que o goberno "non está atendendo". 


Pero no PP rexeitaron estas críticas, asegurando que "poderían valer para calquer inverno", puntualizando que as cifras de urxencias deste ano son "mellores" con respecto ao ano pasado. Insisten en que tan só existe un problema de "saturación en momentos puntuais" que consideran universal e que "continúa" a pesar do aumento dos recursos sanitarios. 


CONCENTRACIÓNS EN VIGO


Paralelamente, en Vigo os traballadores do Chuvi continúan co seu calendario de mobilizacións. Este mércores concentráronse unha vez máis no Hospital Älvaro Cunqueiro, reclamando entre outras cousas "unhas plantillas axeitadas".


Este xoves volveron concentrarse, esta vez no Meixoeiro, protestando contra o "desmantelamento" deste hospital trala apertura do Cunqueiro e reclamando unha vez máis "unhas plantillas axeitadas"


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE