#Claves de la semana

O Sergas deberá pagar pola "deficiente atención" dunha muller falecida en Povisa

O Tribunal entende que o servizo de Urxencias non seguiu as pautas axeitadas, mandando á muller para casa antes de tempo


|



O Sergas deberá indemnizar con 100.000 euros aos cuatro fillos dunha veciña de Cangas que faleceu en 2009 no hospital vigués de Povisa. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera probado que esta muller faleceu a causa dunha deficiente atención" por parte do hospital. 


Os feitos remóntase a maio de 2009 cando esta muller, de 72 anos, acudiu ao seu médico de cabeceira con dor de cabeza, vómitos e outros síntomas vinculados cunha crise de hipertensión, circunstancias que levaron ao médica a derivala a Povisa. 


Unha vez que chegou ao centro hospitalario, o médico de urxencias mantivo á muller en observación durante un par de horas. Cando lle baixou un pouco a tensión arterial, mandouna para casa receitándolle ansiolíticos. Pouco despois, a muller sufriu unha caída e unha hemorraxia cerebral que finalmente lle remataría causando a morte. 


Coa súa sentenza o TSXG interpreta que existiu unha "deficiente atención" do servizo de Urxencias, sen seguir as pautas adecuadas para unha "emerxencia hipertensiva". A ese respecto, os peritos indicaron que a hemorraxia cerebral "probablemente non tivese lugar" se o médico de Povisa non enviase á paciente a casa cunha tensión de 180/100 e a mantivese máis tempo en observación. 


Os fillos da paciente presentaron reclamación ante o Sergas, que non lles indemnizou, polo que recorreron á vía contencioso administrativa. Inicialmente, o xulgado desestimou a demanda contra a administración pública sanitaria, ao entender que a mala praxe cometeuse en Povisa.



Agora o TSXG establece na súa sentenza que sexa o Sergas o que indemnice, xa que a paciente foi remitida polo Sergas a Povisa, sen prexuízo de que a administración pública reclame daquela o reembolso desa compensación ao hospital concertado.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE