#Claves de la semana

O inédito caso dos bispos peregrinos de Mondoñedo

Detrás do actual bispado de Mondoñedo-Ferrol hai unha historia medieval prácticamente descoñecida, unha historia de bispos que chegaron de lonxe e que se moveron impulsados polo capricho dos reis, pola invasión musulmana e pola presión dos piratas. Unha historia que agora analizou en profundidade o investigador do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento", Carlos Andréz González Paz, nunha tese doutoral.

 

|


Detrás do actual bispado de Mondoñedo-Ferrol hai unha historia medieval prácticamente descoñecida, unha historia de bispos que chegaron de lonxe e que se moveron impulsados polo capricho dos reis, pola invasión musulmana e pola presión dos piratas. Unha historia que agora analizou en profundidade o investigador do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento", Carlos Andréz González Paz, nunha tese doutoral. 


Non resulta fácil comprender a orixe da sé episcopal de Mondoñedo, marcada dende o primeiro momento polos desprazamentos xeográficos. Por unha banda, temos a un grupo de migrantes bretóns que se establecen durante o S.V na zona norte da actual provincia de Lugo. Paralelamente, temos outro grupo de bispos asentados en San Martiño de Dumio, cerca da actual cidade portuguesa de Braga. 


Estes dous centros de poder relixioso non parecían ter moito que ver, pero os seus destinos cruzaríanse co azote da invasión musulmá. A diócese fundada polos bretóns desaparece, mentres que a de Dumio resulta dispersada. E aquí comeza a historia peregrina da sé de Mondoñedo, xa que serán os bispos de Dumio os que reaparecerán no s.IX para asentarse en San Martiño de Mondoñedo, no territorio que antes ocuparan os bispos bretóns. Créase, en palabras do historiador para Galiciapress, unha sé "bretoniense-mindoniense polo territorio, pero dumiense pola sucesión na sé episcopal".


Así comeza unha historia pragada de desprazamentos que configura un caso inédito en Galicia. Dende o primeiro momento, o asentamento dos bispos dumienses na zona que hoxe ocupa o municipio de Foz non estivo exenta de dificultades. Os empobrecidos nobres da zona atacaban as súas rendas e a proximidade do mar deixábaos a mercé das incursións dos piratas normandos e musulmáns.


Por iso decidiron abandonar a súa sé física e establecerse en Mondoñedo, onde aguantarían prácticamente todo o S. XII. Pero a finais deste novo século o mar "pasa de ser un perigo a transformarse nunha oportunidade". As incursións piratas desaparecen e o rei Fernando II decide que hai que ocupar económicamente o costa, fundando unha novo entidade de poboación onde hoxe está Ribadeo. Para controlar este novo burgo económico, o rei tivo unha brillante idea: "vamos coller aos bispos de Mondoñedo e vámolos levar a Ribadeo".


Pero a vontade dos reis adoita ser voluble, e Fernando II comprometeuse a unha serie de cousas cos bispos que o seu fillo Alfonso IX decidiu deixar de ir cumprindo. Os bispos, acostumados xa a facer as maletas, non o dubidaron. No s. XIII dixeron: "este rei non cumpre, collemos os trastos e volvemos a Mondoñedo".


Desta vez, conseguirían asentarse nesta cidade. Pero polo camiño tiveron que desprazarse dende Braga ata as costas do cantábrico, para despois mover a súa sé outras tres veces, un caso inédito que converte a Mondoñedo na única sé peregrina en Galicia. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE