O 20 DE FEBREIRO EN MADRID, NO CAPITULO ORDINARIO DA ENXEBRE ORDE DA VIERA 2016

Xosé Manuel Budiño "Vieira de honra a calidade artística 2016"

|

Xosé Manuel Budiño, recibirá en Madrid o próximo día 20 a "Vieira de honra a calidade artística 2016", otorgada po la Enxebre Orde da Viera, unha das máis prestixiosas entidades galegas na emigración.


galardón será entregado o artista o vindeiro 20 de febreiro no Hotel Meliá Castilla, de Madrid dentro da Gala de celebración do Capítulo Xeral Ordinario correspondente a 2016.


O ingreso dos novos membros na Orde (cada vez máis difícil de conseguir polos centenares de propostas en espera), é acordado polo Consello da Orde e supón un recoñecemento ao bo facer como galegos, pero tamén supón un compromiso de facer mais por Galicia


Budiño é un artista atípico, un compositor que desperta admiración entre aqueles que escoitan e ven a sua evolución en directo arriba do escenario, un creador fascinante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos, un músico co seu “sotaque” 


Ten publicado ata o de agora seis traballos discográficos, sendo o último SOTAQUE. 


As súas creacións, os seus espectáculos en vivo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. 


O músico de Moaña, ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso. 


Formado na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Descobre o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie ou a Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros. 





Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress