PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • parques eólicos
  • INDITEX
  • stellantis
  • Celta de Vigo

Desvelando os segredos dos petroglifos galegos

O Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro organiza un curso para achegarse á interpretación dos petroglifos galegos

Redacción
Redacción
| jueves, 18 de febrero de 2016, 18:51
  • 0
ARCHIVADO EN | Historia Petroglifos ARTE



Os galegos mantemos unha relación paradóxica cos nosos petroglifos. Ninguén nos negará que sentimos como algo noso os deseños que cobren miles de rochas dos nosos montes. Pero igual de certo é que existe un certo descoñecemento, incluso algo de desinterese cara un patrimonio que ben podería por beleza e importancia ter sido recoñecido pola Unesco.


Con permiso das outras 3.500 estacións rupestres catalogadas en Galicia, temos que falar dunha que destaca especialmente. Trátase de Campo Lameiro, que por cantidade e calidade das súas representacións podería alzarse co manido título da 'Capela Sixtina' do arte rupestre galaico. Dende o centro de interpretación desta estación esfórzanse para dar a coñecer o noso patrimonio con actividades como a que terá lugar entre o 11 e o 13 de marzo, un curso de interpretación que permitirá a arqueólogos, estudantes e particulares achegarse aos segredos que gardan os debuxos na pedra.


En Galiciapress falamos con Carlos Rellán, investigador postdoutoral da USC e ponente deste curso, que nos adiantou algunha das liñas mestras que descubrirán os alumnos, partindo da inherente dificultade que ofrece estudar as "manifestacións artísticas e simbólicas dunha sociedade ágrafa", que no noso caso levan nada menos que 5.000 anos soportando as inclemencias do tempo galego.


O primeiro é aprender un pouco sobre a cultura que plasmou os petroglifos galegos, o contrario sería como tratar de "interpretar unha pintura de Velázquez sen coñecer o seu período histórico". A partir de ahí podemos comezar a identificar os diferentes gravados e mesmo atrevernos a aventurar os motivos que alumbraron a súa creación. 


Existen un sinfín de teorías acerca das motivacións detrás do arte rupestre, pero no caso galego hai unha que conseguiu un certo grado de aceptación. Basándonos nas zonas nas que aparecen os petroglifos galegos, Carlos Rellán indica que se pode aventurar que podían servir "como algún tipo de recurso de apropiación da paisaxe". Segundo esta teoría, as inscripcións na pedra marcaban un territorio que necesitaba ser controlado, cunha especie de "advertencias" que serían entendibles tanto para o propio grupo como para os posibles adversarios.


Dentro do rico abano de motivos que ofrece Galicia, destaca un que se repite de forma inusual. Trátase de cervos de grandes cornamentas, que a miúdo aparecen cazados, con lanzas saíndo dos seus corpos. Neste caso, o investigador da USC aventura que se trataba dunha forma de "prestixiar tanto o grupo como o autor". Cando se cazaba un gran cervo, dominábase a ese animal. Nunha sociedade que xa cultivaba, a caza xa non era vital como fonte de alimentación. Por iso se poden entender estes petroglifos como unha forma de ganar prestixio, tanto por parte do individuo dentro do grupo como por parte do propio grupo ante posibles adversarios. Unha vez máis, servía como advertencia: "mira, que temos moi bos cazadores, non vos metades con nós".


Existen outras moitas representacións inusuales en Galicia, dende escenas de monta de homes sobre cabalos, armas como alabardas ou puñales, as coñecidas espirais, laberintos... As posibles interpretacións son case tan variadas como as propias figuras, pero dende Campo Lameiro intentarán achegarse ata onde sexa posible, unha especulación razonada que nos permite rozar á compresión dun mundo increíblemente complexo.  

  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabeceraultimahora

El canal 'Toxío', 'Neeumatiko' e 'Histéricas Histórikas' se hacen con los premios Youtubeiras 2022

Rodríguez 'Pam' dice que revertir ley 'solo sí es sí' es perjudicial para mujeres y arremete contra jueces conservadores

Las explotaciones apícolas en Galicia aumentaron en un 35% en los últimos 10 años

El comité de Xeal reclama a Rueda que vele por el cumplimiento de las cláusulas concesionales

Cabeceralomasleido 1
1
La provincia de Ourense estará a primera hora de este domingo en alerta amarilla por temperaturas inferiores a -4ºC
2
Gran problema
3
¡Una semana para olvidar!
4
Beautiful Beings: el mejor retrato de la dureza de la vida
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora