#Claves de la semana

En Marea condiciona "calquera apoio" futuro á investigación do accidente de Angrois

Confirma o seu "non" para a investidura de Pedro Sánchez da semana próxima


|


Cando Podemos decidiu romper as súas conversas co PSOE, os deputados de En Marea tamén abandonaron a mesa de negociación. Comparten a opinión de que "non hai acordo posible" se Pedro Sánchez mantén o seu pacto con Ciudadanos. Pero ademais, engaden unha condición para calquera apoio futuro para o PSOE: unha comisión de investigación sobre as causas do accidente do Alvia en Angrois. 


A agrupación parlamentaria de En Marea, integrada no grupo confederal de Podemos, asegurou este xoves que Pedro Sánchez será o "único responsable do fracaso" do seu partido no debate de investudura. A súa voceira, Alexandra Fernández, amosou a súa sorpresa porque "nos demos conta de que non só xogaron connosco senón coas esperanzas de cambio deste país. Faltáronnos ao respecto, sabiamos que estaban a negociar con Cidadáns pero non sabiamos o alcance do acordo político e económico destas forzas, que xa son un búnker". 


Dende en Marea supeditan "calquera apoio" futuro para o PSOE á creación dunha comisión de investigación sobre as causas do accidente ferroviario do Alvia que tivo lugar en 2013 en Angrois. "Non apoiaremos ao PSOE se non permite isto", sentenciou a deputada por Pontevedra nunha rolda de prensa que ofreceu na Cámara Baixa xunto a representantes da Plataforma de Vítimas Alvia 04155, tras rexistrar a petición para crear a citada comisión.


Fernández lembrou que a confluencia galega xa avisou de que, para as negociacións co PSOE, exporía o seu propio documento con condicións específicas relativas a Galicia, entre as que figura a creación desta comisión de investigación, unha iniciativa que xa tentaron promover a pasada lexislatura varias formacións como o Bloque Nacionalista Galego e Esquerda Unida, pero que se atopou co rexeitamento do PP.


"O Congreso ten unha débeda cos familiares das vítimas", advertiu a portavoz de En Marea, tras lamentar que tanto o PP como o PSOE impediron que se avance na investigación dos responsables políticos deste accidente. "Instamos ao PSOE a que permita isto", reafirmou.


Pola súa banda, o presidente da Plataforma de Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, acusou ao PP e ao PSOE de estar a tratar de ocultar "algo moi gordo" ao negarse a que prospere esta comisión. "Peléxanse moito pero nisto van da man", denunciou. Ademais, afeou a Cidadáns non levar a creación da comisión ao seu acordo co PSOE, a pesar de que se comprometeron a iso coa Plataforma.




relacionada Podemos se levanta de la mesa de negociación
relacionada Pedro Sánchez y Albert Rivera se comprometen de forma oficial
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE