#Claves de la semana

Ana Pontón liderará o BNG

Ana Pontón converteuse na primeira muller portavoz nacional do BNG tras lograr a candidatura que encabezou o 85,31 por cento dos votos da XV Asamblea Nacional do BNG


|


Ana Pontón converteuse na primeira muller portavoz nacional do BNG tras lograr a candidatura que encabezou o 85,31 por cento dos votos da XV Asamblea Nacional do BNG, para a que se inscribiron un total de 3.010 militantes pero ao longo da cal, segundo a información do secretario xeral saínte, Bieito Lobeira, pasaron unhas 3.500 persoas.


No seu discurso inaugural, a nova portavoz nacionalista reivindicou o proceso de "refundación" que agora se inicia, amosándose disposta a que se discuta "todo, menos o nacionalistmo" e proclamando que o bloque é unha organización con vocación de "avanzar" e non de "resistir". 


A lista de Pontón, que con 38 anos tamén é a líder máis nova que tivese o Bloque na súa historia, obtivo 13 dos 15 postos que compoñen a Executiva Nacional. A este órgano tamén se incorporou o portavoz municipal de Boiro, Carlos Branco, e o número dous da súa lista.


Branco encabezou a segunda lista que se votou na asamblea e obtivo 170 votos do total de 1.386 sufraxios emitidos, o 12,26 por cento dos sufraxios depositados nas 16 urnas dispostas no plenario. Pola súa banda, 25 foron nulos.


O Consello Nacional contará, no seu primeiro tramo de 50 nomes (o resto elixiranse nas comarcas), con 44 membros da candidatura de Ana Pontón e con seis da liderada por Carlos Branco.


"Muller nova, pero sobradamente preparada" é a descrición que desde a súa contorna se fai de Ana Pontón, sarriá de nacemento, pero compostelá de adopción que milita no BNG desde os 16 anos que comezou en Galiza Nova en contra da opinión do seu propio pai, como este domingo confesou publicamente, e que tamén participou no sindicato estudantil nacionalista CAF.


Estudou Ciencias Políticas e, na súa mochila, conta cunha dilatada experiencia no Parlamento de Galicia, onde chegou a finais da última lexislatura de Manuel Fraga en substitución de Pilar García Negro. Na Cámara autonómica, foi responsable das áreas de cultura, lingua, medio ambiente e infraestruturas.


Ana Pontón xa estivo en primeira liña política parlamentaria cando substituíu a Carlos Aymerich á fronte do grupo parlamentario do BNG trala asemblea de Amio en 2012, na que o exparlamentario, que este domingo anunciou que deixará a militancia na organización frontista, se enfrontou xunto cos 'irmandiños' de Xosé Manuel Beiras á UPG.


Con todo, se volverá ocupar este posto, que actualmente ostenta Francisco Jorquera, será unha cuestión que abordarán no propio grupo parlamentario, segundo confirmou Bieito Lobeira.


Ao que si podería optar sería á candidatura á Presidencia da Xunta, posto que o BNG eliminou o impedimento estatutario que rexía desde 2012 e que supoñía que non podía compatibilizarse a portavocía nacional con encabezar a lista electoral.

relacionada O BNG busca a forma de "retexer" o nacionalismo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE