#Claves de la semana

En Marea terá tres minutos no debate de investidura

O grupo confederal de Podemos reservará tres minutos para En Marea no debate de investidura, dándolle a Alexandra Fernández a oportunidade de falar no seu primeiro turno de intervención. Pola contra, a réplica reservarase íntegramente para Pablo Iglesias.

 

|


O grupo confederal de Podemos reservará tres minutos para En Marea no debate de investidura, dándolle a Alexandra Fernández a oportunidade de falar no seu primeiro turno de intervención. Pola contra, a réplica reservarase íntegramente para Pablo Iglesias. 




Na primeira volta de intervencións, os grupos dispoñen de media hora para intervir, que se repartirán de forma proporcional Podemos, En Comú e En Marea. Desta forma, faranse bloques de intervencións de 21, seis e tres minutos, o que se corresponde coa proporción exacta en función dos deputados (lixeiramente axustada por arriba para as dúas confluencias).



Con todo, do total de 40 minutos dos que dispoñerá en toda a investidura, Iglesias copará tres cuartas partes do total. O líder da formación morada será o único representante do grupo confederal que tomará a palabra para replicar ao aspirante á Moncloa, para o que dispoñerá de dez minutos, e tamén é previsible que asuma os cinco minutos de intervención previos á segunda votación, que se celebrará o venres pola noite.



O portavoz parlamentario de Podemos, Íñigo Errejón, defendeu esta repartición de tempos apelando á súa "proporcionalidade" respecto ao número de deputados cos que conta cada forza política (Podemos ten 42 escanos; En Comú, 12, e En Marea, 6).



A repartición de tempos de intervención para os grandes debates do Congreso adoita ser unha práctica habitual en grupos como o Mixto, onde a diversidade de partidos que o compoñen lles obriga a dividirse os minutos en función do seu peso no hemiciclo. Tamén se repartían o tempo na anterior lexislatura os membros do grupo Esquerda Plural, do que formaban parte os deputados de EU, ICV e a Chunta Aragonesista.

relacionada Pedro Sánchez afronta su debate de investidura sin tirar la toalla
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE