#Claves de la semana

"Desobediencia fiscal" contra as touradas

A plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' chama aos cidadáns de Pontevedra a que amosen o seu rexeitamente mediante a fórmula coñecida como "pago baixo protesta".


|



Dende a plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' seguen pensando formas de presión para que o concello de Pontevedra elimine o seu convenio taurino. A última, chamar aos cidadáns á "desobediencia fiscal" para amosar o seu rexeitamento, utilizando a fórmula coñecida como "pago baixo protesta".


O colectivo apela á conciencia dos cidadáns, propondo que rexistren unha queixa formal por escrito cando paguen os seus impostos, amosando a súa disconformidade para o financiamento con cartos públicos dun "espectáculo no que se tortura e dá morte a un animal de forma salvaxe".


Dende a asociación cifran en 48.000 euros o gasto que cada ano destina o concello de Pontevedra para o convenio que segundo a asociación beneficia únicamente ao 'lobby taurino'. Consideran que estes cartos estarían mellor empregados en partidas para dependencia ou axudas para familias con poucos recursos.


SEGUIR A ESTELA DE PADRÓN


O obxectivo principal do colectivo antitaurino é que Pontevedra siga o camiño de municipios como Padrón, que acaba de confirmar que por primeira vez en décadas non haberá touradas nas súas festas de Pascua.


Esta medida chega despois de que en setembro se aprobara unha moción do colectivo e do BNG de Padrón, acordando non adicar eventos públicos a recursos taurinos. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE