#Claves de la semana

Citroën pretende "precarizar ao conxunto da súa plantilla", segundo AGE

AGE critica duramente os ERE presentados pola empresa, que afectarían a máis de 900 traballadores


|


A directiva de Citroën acaba de abrir negociacións cos sindicatos para plantexarlles axustes vinculados ao novo modelo ao que opta a factoría viguesa. Estes axustes pasarían por un ERE extintivo, en principio voluntario, que afectaría a 400 traballadores e varios ERE suspensivos que implicarían a polo menos 500 traballadores máis.


Os sindicatos acolleron estas propostas con cautela, que se converteu nunha crítica aberta por parte da Alternativa Galega de Esquerda. Dende este grupo parlamentario denunciaron abertamente unha estratexia pola que Citroën pretende "precarizar ao conxunto da súa plantilla laboral", converténdoos en eventuais ou en persoal sen o 100% da xornada.


En principio, o ERE extintivo plantexouse para os traballadores con máis de 59 anos, algo que levaban tempo reclamando os sindicatos. Pero como denuncia o deputado de AGE Juan Fajardo, "non hai 400 traballadores de máis de 59 anos en Citroën, polo que vai afectar a outros traballadores". Entenden que se pretende "sustituir traballadores cunhas condicións dignas por outros eventuais".


En relación aos ERE suspensivos, AGE mantén que a intención é "precarizar" aos traballadores, que verán condicionados os seus dereitos "de xornada laboral, de conciliación, de acceso a vacacións..." por non ter asignada unha xornada laboral completa.


Por todo esto critican duramente a "indigna actitude" da directiva de Citroën, máis aínda cando se trata dunha empresa que "ten todo o que quería, que deu beneficios e que recibiu axudas públicas". Neste senso, AGE apostou por vincular directamente as axudas públicas para empresas ao "mantemento de postos de traballo nunhas condicións dignas", incluso nos casos nos que se trate de empresas estratéxicas como Citroën.


Aproveitan para pedir a derogación da reforma laboral que segundo din fai posible esta situación e advirten que "se unha empresa como Citroën se permite facer estas cousas" todas as demais quererán facer cousas semellantes. Por último, reclámanlle a Feijóo que interveña, afeándolle que non se pronunciara sobre os ERE de Citroën. 

relacionada Citroën presenta varios ERE que afectarían a máis de 900 traballadores
relacionada Citroën abandona las pérdidas con un beneficio de 1202 millones
relacionada Citroën negociará axustes vinculados ao novo modelo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE