#Claves de la semana

Citroën presenta varios ERE que afectarían a máis de 900 traballadores

Un ERE voluntario extintivo afectaría a 400 traballadores, mentres que outro suspensivo podería afectar a outros 510


|


A directiva da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën abriu este mes a mesa de negociación cos sindicatos, comezando o camiño cara os axustes asociados á candidatura da planta para un novo modelo de vehículo. A primeira proposta da directiva neste proceso pasa pola presentación de varios ERE, de carácter definitivo ou temporal, que afectarían a máis de 900 traballadores. 


Por unha banda, a directiva plantexa un Expediente de Regulación de Emprego extintivo voluntario para un máximo de 400 empregados ata 2018. Por outro lado, abre a porta a un ERE suspensivo de 20 días que podería afectar a outros 510 traballadores, ademais dun terceiro de carácter rotativo para persoal de estructura. 


O ERE extintivo tería lugar entre abril de 2016 e marzo de 2018 e poderían acollerse de forma voluntaria ata 400 persoas. Está orientado prioritariamente aos traballadores veteranos (de 59 ou máis anos), o que responde a unha petición que perseguen os sindicatos desde hai anos. 


Con todo, representantes dos traballadores subliñaron que na fábrica de Vigo hai uns 180 empregados deste grupo de idade, polo que trasladaron a súa sorpresa porque poidan verse afectados outros traballadores, aínda que dixeron que a dirección lles pediu que estean "tranquilos" e será en próximas reunións cando se lles achegue máis datos ao respecto.


En canto ao ERE suspensivo, terá unha aplicación de dous anos, unha duración de 20 días (a razón de 10 por ano), as mesmas condicións que o actual (que caduca este 31 de marzo), e será complementario a medidas de flexibilidade como a bolsa de horas. Así, esta medida está destinada aos traballadores que deben máis de 10 días á bolsa de horas, co que os sindicatos estiman que poden ascender a ata 510 traballadores.


Finalmente, o último dos expedientes propostos é un ERE suspensivo rotatorio para persoal mensual estrutural (non ligado á produción). As fontes da empresa indicaron que se trata dunha solución que se expón para, no caso de que o ERE extintivo non alcanzase as baixas voluntarias necesarias, axustar os excedentes de persoal se se dá a previsión de produción "máis desfavorable".



En principio, a empresa non prevé que sexan necesarios axustes laborais adicionais, pero sí advirte da necesidade de fortalecerse optimizando a produción e o 'sourcing', a diminución do investimento, unha maior eficiencia nos procesos e un centro máis flexible. 


Acerca deste último punto, os sindicatos sinalaron que só se lles trasladou que a fábrica necesita unha "maior apertura industrial" que "se fará creando emprego". Esta previsto que estas negociacións se sigan desenvolvendo ao longo dos próximos días.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE