#Claves de la semana

Citroën aumenta as indemnizacións do seu ERE extintivo

Este aumento afecta ás dúas modalidades do ERE destinadas a menores de 59 anos


|




A directiva de PSA Peugeot Citroën presentoulle este mércores aos sindicatos a súa proposta final, no marco do plan de axustes vinculado á candidatura da planta viguesa para un novo modelo. En concreto, auméntanse algunhas das indemnizacións do ERE extintivo e permítese aos traballadores conservar as tres semanas de vacacións de verán. 


Segundo comunicaron os sindicatos, as indemnizacións incrementaranse en dúas das tres modalidades do ERE extintivo, as que atinxen aos menores de 50 anos. 


No caso daqueles que se acollan á modalidade definitiva do ERE a proposta inicial dunha anualidade do salario bruto anual por cada 11 anos traballados, cun máximo de 2,5 anualidades, pásase a unha anualidade por cada 8 anos traballados. Ademais, os que se acollan antes do 31 de outubro terán unha indemnización de 1,5 anualidades por cada 8 anos.


Para aqueles que se acollan ao ERE con dereito preferente de reingreso ábrense dúas posibilidades: a exposta inicialmente dunha anualidade de indemnización para os que soliciten a reincorporación a partir dos 30 meses; e unha segunda opción de 1,25 anualidades para os que pidan reingresar a partir dos 36 meses.


En canto aos maiores de 59, anos garántese que todos os voluntarios que queiran poñer fin á súa vida laboral poderán facelo neste mesmo ano. 


Finalmente, aceptouse retirar a proposta inicial de facer "deslizante" unha das tres semanas de vacacións de verán ante crecementos da produtividade. No seu lugar, recurrirase ao cuarto equipo de traballo que se crearía no devandito escenario para cubrir a demanda de produción.

relacionada Citroën plantea un turno de mantenimiento para el fin de semana
relacionada Citroën podería crear máis de 1.500 empregos cun novo turno
relacionada O ERE extintivo de Citroën incluirá a menores de 50 anos
relacionada Citroën presenta varios ERE que afectarían a máis de 900 traballadores
relacionada Citroën negociará axustes vinculados ao novo modelo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE