#Claves de la semana

A deputación de Pontevedra posiciónase contra a fusión de Cerdedo e Cotobade

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, fala dunha iniciativa "disparatada" que non traerá beneficios económicos


|


A deputación de Pontevedra acaba de posicionarse claramente en contra da fusión de Cerdedo e Cotobade. O seu vicepresidente, César Mosquera, asegura que se trata dunha iniciativa "disparatada e fóra de lugar". Avisa de que supoñerá a perda de 300.000 euros anuais en axudas provinciais, polo que non reportará  "vantaxe algunha" para estes municipios. 

 

Máis aló do fondo para fusións da Xunta, que conta con 2,2 millóns para todos os municipios que dean este paso "e non só para Cotobade e Cerdedo", Mosquera advertiu que os fusionados perderán uns 300.000 euros ao ano do Plan de concellos que ten a institución provincial, e que inclúe unha cantidade fixa para cada municipio --recibirían unha soa axuda para os dous-- e que prima aos municipios de menos de 5.000 habitantes, barreira que superarían tras a fusión.


Ademais, o vicepresidente provincial explicou que esta proposta "absurda" provocaría problemas cos servizos que se prestan en ambos municipios, xa que a diferenza de Cangas, Moaña e Bueu que comparten o contrato de augas ou Cambados, Vilanova e Meis que fan o propio coa recollida de residuos, Cerdedo e Cotobade "non teñen ningún servizo en común".


Ademais, Mosquera sinalou que é "insustancial" pola escasa conexión histórica e social entre ambos os municipios. A pesar destas críticas ao proxecto de fusión, o vicepresidente provincial afirmou que a Deputación de Pontevedra, como institución, defenderá a "máxima autonomía" dos municipios, aínda que engadiu que este tipo de unións "non resolven nada".


Sobre a posibilidade dunha consulta popular sobre a fusión que expoñen ao Goberno galego os ayunamientos de Cerdedo e Cotobade, tamén manifestou a súa opinión a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen considerou que "admitir os erros é unha boa cousa".


Carmela Silva sostivo que esta decisión chega "despois da demanda que fixo o conxunto da oposición en Cerdedo e Cotobade e a propia Deputación", xa que non entendían "o modelo que se pretendeu desenvolver" con esta fusión.


A presidenta provincial cre que os veciños teñen "dereito a opinar" sobre "algo tan importante" para o futuro do lugar ao que pertencen.


Por este motivo, Carmela Silva sumouse á petición feita á Xunta de Galicia para que permita esta consulta.

relacionada Cerdedo e Cotobade queren preguntarlle aos veciños pola fusión
relacionada A fusión de Cerdedo e Cotobade divide aos veciños
relacionada Chega a segunda fusión de municipios
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE