Unha manifestación pedirá que se tripliquen as prazas para o Sergas

|


A convocatoria de 818 prazas para o Sergas non satisface nin de lonxe as necesidades que segundo os traballadores presenta o sistema sanitario galego. Aseguran que durante os últimos anos se destruiron "máis de 3000" empregos, por iso reclaman unha oferta de emprego "digna" que cubra o 100% das vacantes e que remate coa "precariedade" dos traballadores.


Por iso CIG, CC.OO., UXT, CSI-F, CESM, SAE, Satse e O'Mega convocaron unha manifestación este xoves, día 10, en Santiago, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, apelou directamente ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo: "Esperamos que esta vez escoite nosas reivindicacións".



De igual modo pronunciáronse o resto de portavoces dos sindicatos, que subliñaron que "xa está ben" de contratos "precarios" dun día e por horas. "Ata aquí chegamos; a asistencia sanitaria reséntese", advertiron.



Nunha rolda de prensa conxunta, as centrais avisaron de que a oferta de emprego público convocada este ano, con 818 prazas, "non chega" para "cubrir" todo o emprego "que se destruíu" en anos previos, e cifraron, en concreto, nunhas 3.000 as que farían falta para acabar coa precariedade de profesionais que son dados de alta "de luns a venres", ou por unha soa xornada.



Segundo as súas cifras, o PPdeG convocou, nos seus dous mandatos á fronte do Executivo autonómico, 1.729 prazas, ao descontar as que "suman como convocadas por eles" pero que "deixou o bipartito". Así, cifran en 176 as convocadas en 2012, 287 en 2013 e 2014, 104 en 2014 e 344 en 2015, xunto ás 818 de 2016. "Necesitariamos 3.000 máis", reivindicou Abuín.

relacionada A sanidade galega toma as rúas esixindo persoal
relacionada O Sergas convocará unhas 800 prazas para 2016

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress