PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
 
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Publicidad Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ELECCIONES MUNICIPALES
  • Baltar
  • 28M

Galicia reclamará en Madrid a titularidade da AP-9

Deputados do PPdG, PSdeG e BNG viaxarán a Madrid para trasladar unha demanda unánime do Parlamento de Galicia

Redacción
Redacción
| martes, 15 de marzo de 2016, 13:43
  • 0
ARCHIVADO EN | AP-9 autopistas Autonomías carreteras



O Parlamento de Galicia conseguiu un nivel de consenso pouco habitual este martes, cando todos os grupos acordaron por unanimidade reclamarlle ao goberno central que se traspase a Galicia a titularidade da AP-9. 


Os deputados do PPdG, Jesús Goldar, do PSdeG Raúl Fernández e do BNG Ana Pontón serán os encargados de viaxar a Madrid para defender no Congreso dos Deputados esta reclamación do hemiciclo galego, aprobada a proposta do BNG. 


O debate sobre esta cuestión data de setembro de 2015 e acadou o seu penúltimo chanzo o pasado 4 de marzo, coa a aprobación en comisión parlamentaria do texto impulsado do BNG. A única condición que puxo o PP foi eliminar as referencias críticas á xestión do Goberno Central a través dunha enmenda aprobada co único respaldo da súa maioría absoluta. 


Nese momento o texto foi aprobado entre chamamentos dos grupos para manter o compromiso de voto no Congreso dos Deputados, non sería a primeira vez que o Parlamento de Galicia reclama unánimemente unha transferencia (como ao de Tráfico) para vela rexeitada en Madrid por parte do PP e do PSOE. 


AGRAVIO PARA OS GALEGOS



Pese a que todos os grupos apoiaron a reclamación da titularidade, non todos se amosaron igual de críticos coa xestión do Goberno central. Para o bloque e para AGE, a autoestrada é o símbolo do agravio para os galegos", en palabras de Ana Pontón, e unha "ultraxe", como definiu o deputado de Alternativa Juan Fajardo. 


"É un paso adiante para acabar con este agravio; defendemos poder ter capacidade para decidir sobre os asuntos que nos afectan neste país. Hai que acabar coa xestión que fixo o Goberno do Estado, que sempre foi contraria aos intereses dos galegos", argumentou Ana Pontón, quen criticou que as peaxes que se cobran son "un imposto á circulación" neste país, "inxusto, regresivo e un lastre para o desenvolvemento" de Galicia..


Fajardo, pola súa banda lembrou que unha viaxe como entre Caldas de Reis e Santiago son 7,10 euros ida e volta ao día, e pode "significar o 20 por cento dos ingresos dunha familia". Tamén puxo o exemplo de que entre Tui e A Coruña son 17,85 euros de peaxe: "É máis barato ir a Frankfurt desde A Coruña", lamentou, en referencia a unha tarifa de 14,95 euros dunha aerolínea low cost.





  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Afundación instala en el puerto de Ferrol un contenedor para que los profesionales del mar depositen residuos

Ourense acoge la primera edición del 'European Writers Club', una iniciativa para fomentar el audivisual en Europa

Marea Atlántica convoca el 10 de junio un encuentro para determinar el "nuevo rumbo" tras la derrota electoral

Principio de acuerdo entre sindicatos y patronal del metal de Lugo, a falta de que trabajadores voten el fin a la huelga

Cabeceralomasleido 1
1
La solución no es pagar más horas extra, es crear más plazas de enfermera, apremia la CIG al SERGAS
2
Segundo caso de ébola en España, una mujer en el País Vasco procedente de África
3
Accidente mortal en Rodeiro: fallece un conductor de 44 años al colisionar contra un camión y salir despedido
4
Ourense explicado a no ourensanos: claves para entender el éxito de Gonzalo Pérez Jácome
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora