AGE pretende rescatar o Dolme de Dombate dunha xestión deficiente

“Todo apunta a que o concello de Cabana non xestionou ben o centro e da forma máis respectuosa co patrimonio cultural”


|



Este martes coñecíamos a iniciativa pola que AGE pretende instar á Xunta a facerse coa titularidade do Dolme de Dombate, pero ata agora non sabíamos os motivos concretos que os levaron ata esta petición.


Agora xa trascendeu o contundente informe co que o grupo apoia a súa petición, no que sinala que “todo apunta a que o concello de Cabana non xestionou ben o centro e da forma máis respectuosa co patrimonio cultural”, como xa denunciaran dende plataformas como Salvemos Cabana.


Como evidencia presentan “a desfeita que sofreu o neodolme ou réplica, que custou uns 83.000 euros no ano 2012 e que en menos de tres anos xa coñeceu un grave deteriorio”, inadmisible se "se tivesen feito de forma axeitada as tarefas de supervisión das visitas e non se tivese masificado o número de visitantes posibles”.


Tendo esto en conta, dende AGE non entenden que a Deputación da Coruña renovara o convenio co concello de Cabana de Bergantiños, e menos aínda que este convenio inclúa no seu punto 2.3.8 o obxectivo de que “ o maior número de xente posible poida achegarse a Dombate”, sendo a excesiva afluencia de visitantes un dos motivos principais do deterioro do neodolmen.


Por iso reclamarán que a titularidade da xestión pasase á Xunta de Galicia, que podería encargarse de establecer os convenios de cooperación oportunos co concello de Bergantiños. A través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, podería encargarse de velar pola integridade dun "ben sobranceiro, de valor incalculable e único para todas as galegas e galegos".



relacionada AGE reclamará que a Xunta xestione o Dolme de Dombate
relacionada ​Dolmen de Dombate, ¿restauración ou maquillaxe?
relacionada Salvemos Cabana considera la cesión de la gestión del Dolmen de Dombate "una tomadura de pelo"
relacionada La gestión del Dolmen de Dombate podría poner en peligro su conservación

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE