#Claves de la semana

Piden unha "fronte política" contra as touradas

'Galicia, Mellor Sen Touradas' pídelle aos partidos políticos que inclúan nos seus programas para as vindeiras eleccións autonómicas o compromiso formal de eliminar as touradas na nosa comunidade.


|



A plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' considera que estamos no momento axeitado para abordar unha "fronte política" contra as touradas en Galicia. 


Pídenlle aos diversos partidos e coalicións políticas que inclúan nos seus programas para as vindeiras eleccións autonómicas o compromiso formal de eliminar as touradas na nosa comunidade. 


Nun comunicado, os abolicionistas sinalaron a "necesidade" de que as diferentes mareas municipais, o BNG, Anova, Podemos, Esquerda Unida, Equo, Compromiso por Galicia e PSdeG, "entre outras formacións", asuman a iniciativa de "sumar un parágrafo igual para todos nos seus respectivos apartados de Medio Ambiente e Benestar Animal".


En concreto, o parágrafo sería o seguinte: "Compromiso de impulsar ou apoiar un proxecto lexislativo que suprima as corridas de touros e calquera outro evento taurino na Lei de Protección Animal de Galicia".


Neste sentido, dita plataforma, conformada por máis dunha trintena de colectivos e entidades de todo tipo, subliñou o "escaso apoio cidadán" co que contan as corridas de touros. De feito, como proba diso, indicou que "só en Pontevedra hai garantida unha feira taurina".


"MOMENTO SOCIAL E POLÍTICO ADECUADO"


"É o momento social e político adecuado para expor unha iniciativa parlamentaria, trala convocatoria electoral, que reflicta fielmente a oposición das galegas e galegos a un espectáculo público no que se martiriza, tortura e mata a un animal como suposta forma de cultura", explicaron os abolicionistas.


Outra das "bazas" dos animalistas é "o crecente apoio internacional" que recibe a campaña polo fin das corridas de touros en Galicia.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE