#Claves de la semana

O PSOE de Ferrol non apoiará o plebiscito sobre a monarquía

Sen o apoio dos seus socios, a proposta de Ferrol en Común parece abocada ao fracaso


|



Na mesma semana na que Felipe VI visitaba por primeira vez como rei a cidade de Ferrol, o partido do alcalde Jorge Suárez (Ferrol en Común) presentaba unha proposta para cuestionar no pleno do concello a vixencia da monarquía, demandando un plebiscito vinculante para a cidadanía. 


O alcalde asegura que o fixo sen "ánimo de provocación" nin de buscar "ningún tipo de escándalo mediático". Asegura que se trata dunha moción que se presenta tódolos anos por estas datas, previas ao aniversario da Segunda República.  


Pero máis aló da polémica, todo parece indicar que a proposta non sairá adiante. O PSOE, socio de goberno de Ferrol en Común, xa anunciou que o seu grupo decidiu absterse na moción . A tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, asegura que o PSOE está a favor da república como "modelo idóneo de estado", pero considera que esta iniciativa "neste momento, é pouco oportuna e non é prioritaria para Ferrol".


En principio, o PP e Ciudadanos votarán en contra da proposta. Un hipotético apoio do bloque non sería suficiente, polo que todo parece indicar que a proposta será rexeitada no pleno municipal deste xoves. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE