​Entidades sociais tratan de asentar a X solidaria en Galicia

O ano pasado un 46,8% de galegos non tacharon nin a casa destinada á igrexa nin á que se deriva a fins sociais


|



Varias entidades sociais acaban de estrear unha campaña coa que pretenden concienciar aos galegos que non marcan a casa destinada a fins sociais da declaración da renda.


O ano pasado un 46,8% de galegos non tacharon nin a casa destinada á igrexa nin á que se deriva a asociacións sociais. Unha situación que pretenden cambiar dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia), a Coordinadora Galega de ONGD e Cermi-Galicia.


En 2015 as entidades sociais conseguiron 15,1 millóns de euros para financiar as súas actividades. Pero se todos os galegos que fixeron a declaración tiveran marcado a casa de fins sociais poderían ter conseguido 11,5 millóns máis, chegando a un total de 26, 6 millóns.


Por iso quixeron facer un chamamento á sociedade, recordando que marcar esta casa non implica pagar máis impostos nin que se devolva menos diñeiro: é simplemente unha forma de indicarlle ao Estado cómo prefire utilizar o 0,7% do IRPF.


O presidente de EAPN-Galicia, Antonio Hernández Fernández, recorda ademais que os cartos conseguidos marcando esta casa irán "integramente destinados a programas e persoas en risco de exclusión". 


relacionada La Campaña de la Renta comienza con la web colapsada
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE