#Claves de la semana

Un mariñeiro enfróntase a unha multa por izar a bandeira galega

A Capitanía Marítima de Santander abriulle un expediente sancionador, argumentando que o barco levaba a bandeira española izada "incorrectamente"



|


(foto: machbel.com)


Un mariñeiro coruñés enfróntase a unha multa de ata 120.000 euros por levar unha bandeira galega ondeando na súa embarcación, das mesmas dimensións que a española.


ACapitanía Marítima de Santanderabriulle un expediente sancionador, argumentando que o barcoleva a bandeira española izada "incorrectamente",quedando a carón doutra galega con dimensións superiores ás legalmente establecidas.

Este expediente ten esperado a indignación deComisións Obreiras de Galicia, que entenden que se pretende sancionar a presenza mesma da bandeira galega, xa que o país de procedencia da embarcación "está claramente indicado".


"Non se abre expediente porque o barco teña unha bandeira pirata, senón quese pretende sancionar a presenza mesma da bandeira da comunidade autónoma de orixe do barco". Entenden que non se trata dun problema de identificación, senón de "persecución á insignia de Galicia".


Critican o celo da Capitanía Marítima de Santander para vixiar as dimensións desta bandeira, pedíndolle á Xunta de Galicia que actúe nos ámbitos que corresponda para que o expediente sexa paralizado. Do mesmo xeito, piden que dea os pasos necesarios para que a insignia de Galicia "sexa recoñecida" e non se volvan producir situacións coma esta noutros portos do Estado español.

Última hora

1 Comentarios

1

Impresionante, querennos privar dos nosos dereitos e de ser ogullosos patriotas dunha república con dereitos de independendcia dende o século IX putos españois. VIVA GALIZA!

escrito por Hugo Fdez Rguez 07/jun/21    10:20

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE