Educación fixa para maio as evaluacións de 3º e 6º de primaria

|



A Consellería de Educación continúa desenvolvendo o contido da LOMCE, posta en cuestión tralo primeiro paso dado no Congreso para paralizala. En concreto, a Xunta acaba de fixar para maio as evaluacións de primaria, que este ano se repiten en 3º e se estrean en 6º, na que suporá a proba final desta etapa formativa. 


Trátase de probas contra as que a Plataforma Galega do Ensino mantén unha gerra aberta. Ten prevista unha concentración diante da consellería de Educación, e xa anunciaron que se finalmente se celebra a proba, intentarán boicoteala pedíndolle ás familias que non envíen aos nenos aos centros neses días.


Pero o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, quixo aproveitar a fixación do calendario para mandar unha mensaxe de "normalidade e tranquilidade" para os centros e para as familias, asegurando que "non se trata de ningunha reválida".


Así, recorda que a calificación "non condiciona a promoción" nin computa como evaluación, senón que se constitúe un "índice de contraste máis" sobre a evolución dos escolares.


DATAS E CONTIDOS



A proba final de 6º de primaria estrearase os días 11, 12 e 13 de maio, mentres que a de 3º, xa realizada o curso pasado, será o 24 e o 25 de maio. 



A proba final para os alumnos de sexto integrará contidos de matemáticas, comunicación lingüística (castelán, galego e inglés), ciencia e tecnoloxía.


A proba de 3º de primaria volverá a evaluar as competencias en matemáticas por un lado e as competencias lingüísticas de galego e castelán por outro. 


relacionada ​Miles de estudantes toman as rúas galegas contra a LOMCE e o 'decreto 3+2'
relacionada El Congreso da el primer paso contra la LOMCE
relacionada ​A Plataforma en Defensa do Ensino trata de parar a reválida de 6º de primaria

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress