Os comunistas cubanos

Manuel Fernando González Iglesias

Chegado o momento do relevo xeracional, aos comunistas cubanos non lles tremeu o pulso e decidiron que os octoxenarios que fixeron e gañaron pola forza das armas o poder na illa continúen nos seus cargos, como se eso da Revolución fose o conto da leiteira pero sen que ao final se rompera o cántaro.


Por todo iso, os irmáns Castro terán superado o récord de lonxevidade autoritaria de Francisco Franco, o dictador latino por antonomasia, levando incluso ata as últimas consecuencias aquelo tan franquista de que todo quedará "atado e ben atado", por moitos anos e sen transición que valla.


Aos mozos que no seu día admiramos a "romántica imaxe" do Che Guevara e dos seus compañeiros de loita en Sierra Maestra quedóusenos cara de tontos cando na "última oportunidade" que tiñan os irmáns de irse para a súa casa e abrir o réxime á disidencia a desprezaron olímpicamente ensinándolles aos cubanos "a momia de Fidel", mentres que o seu alter ego, Raúl, facía de Joe Rigoli televisivo pronunciando a inequívoca sentenza do "eu sigo", nada menos que con 85 tacos, que serán 90 cando convoque, se segue vivo, o 8º Congreso do Partido Comunista de Cuba. ¡Toma xa!


Ante semellante despropósito, un pregúntase cales foron as razóns que tivo Obama para abrir de novo a Cuba ao mundo capitalista, cando non se espera que este réxime marxista-leninista faga nada para que a oposición se visibilice na Asamblea cubana, aínda que só sexa para protestar, e que ese comunismo prehistórico queira, como máximo, converterse nun calco da economía china, abríndose ao libre mercado, pero mantendo o poder gubernativo, xudicial e lexislativo de maneira inflexible e definitiva.



Resumindo que é xerundio: os da miña xeración equivocámonos cos Castro de forma palmaria e recurrente. E se a día de hoxe non o recoñecemos, merecémonos pasar á historia como "os tontos da revolución", que se estivo ben para acabar co corrupto Batista, a partir de ahí deixou de ter sentido, xa que esa "patria ou morte" transformouse para os cubanos no exilio de miles de eles, incluido o de Ernesto Guevara, que se inmolou antes de que o camarada barbudo acabara con el e, o que é peor, trouxo consigo o enterro en vida da democracia e dos dereitos máis elementais de varias xeracións de cubanos. Ou sexa, que vostedes perdoen. 


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE