O PSdeG carga contra unha política “irresponsable” e “insolidaria” en medio ambiente
Os socialistas galegos cuestionarán no vindeiro pleno a política da Xunta en materia de Medio Ambiente

Os socialistas galegos cuestionarán no vindeiro pleno a política da Xunta en materia de Medio Ambiente, que consideran “irresponsable e insolidaria”.
Critican a suposta inactividade do departamento da Xunta que dirixe Beatriz Mato, á que acusan de ter descuberto o cambio climático en decembro, durante o cumio celebrado en París. Patricia Vilán, deputada do PSdeG, entende que non se está actuando ante un proceso que xa está influindo na nosa comunidade, con “procesos de desertificación e vulnerabilidade” a secas ou inundacións.
Critica actitudes como o silencio ante a prórroga de 60 anos para Ence e recordan o proceso xudicial que trouxo consigo a mina de Corcoesto. Tamén critican a existencia dun plan de residuos “obsoleto” e cuestionan a importancia das campañas de sensibilización de Sogama.
Por último, aseguran que o departamento ten un orzamento cada vez máis escaso, que segundo eles se reduciu en 176 millóns de euros dende o ano pasado.
Escribe tu comentario