#Claves de la semana

Descártase o adianto electoral en Galicia

As eleccións serán en outono, Feijóo afirma que non se "aproveitará" da "crise existente dentro do PSOE", das "convulsións das mareas de Podemos" e da "situación comprometida do BNG".


|


Non haberá adianto electoral en Galicia. Tras varios meses de especulacións, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acaba de confirmar que non adiantará os comicios galegos para facelos coincidir coas xerais do 26 de xuño. As eleccións galegas serán por tanto en outono, problablemente no mes de outubro, como estivo previsto dende un principio. 



Feijóo asegura que adiantar os comicios sería "o fácil", pero que o "correcto" é preservar a "estabilidade" política e ir ás urnas "cando mandan os galegos": no outono. Así, sostén que non se "aproveitará" da "crise existente dentro do PSOE", das "convulsións das mareas de Podemos" e da "situación comprometida do BNG". 


"Preséntome para ser o presidente de Galicia cun proxecto e cunha proposta; non me presento para tentar que a suma me dea neste momento e poder revalidar unha maioría absoluta dada a situación de absoluta fraxilidade e cunha crise descoñecida na súa intensidade que está a vivir a oposición", expuxo Feijóo. 


"Dixen e sigo dicindo que o importante é o que interesa a Galicia e non o que me poida interesar a min ou ao meu partido", agregou, antes de insistir nunha premisa que marcou o seu discurso nos últimos meses, a da "estabilidade" que contrapón coa "inestabilidade" que atribúe á fragmentación do escenario político estatal e á fragmentación da esquerda".


CONCORRER CON RAJOY


O adianto estivo en cuestión ata o último momento, de feito hai dirixentes populares que dubidan da conveniencia de desbotalo. ."A oposición nunca vai estar nunha situación tan crítica como agora", sinalou un deles, mentres que outros subliñan que sería "demasiado vantaxista". 


Con todo, o factor que aglutina máis voces en contra do adianto é o que fai referencia ao feito de que concorrer ás urnas á vez que Mariano Rajoy no Estado non causaría "ningún beneficio" a Feijóo, a quen algúns dos seus ven como "unha marca en si mesmo".




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE