​A catedral de Ourense comeza a cobrar

|



Acabouse o de poder entrar na Catedral de Ourense sen máis. A partir de mediados ou finais de maio comezarase a cobrar cinco euros, só se librarán os veciños da diócese e os visitantes que acudan a orar ou aos oficios relixiosos.


É un modelo semellante ao que funciona en templos de todo o mundo, e será implantado pola empresa Arti Splendore, a mesma que xestiona as visitas da Catedral de Tui.


A entrada de cinco euros incluirá un servizo de audioguía que explicará os principais puntos de interese e a historia do templo. Haberá descontos para nenos e xubilados, as persoas discapacitadas non pagarán nada.


Non hai ningún plan oficial para utilizar o diñeiro recaudado, pero en principio debería servir para paliar o deterioro que ven sufrindo a catedral durante os últimos anos. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress