Iustitia qualis est?

Manuel Fernando González Iglesias

Ao empresario Don Juan Andrés Benítez acábano de enterrar "per vitam aeternam" no Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, un día como hoxe 9 de maio do ano do noso señor do 2016 D.C., aínda que matar matárono un 5 de outubro do 2013. Porén, non foi ata esta chuviosa mañá de primavera, cando familia, defensa, acusación particular, Fiscal e xuíces se puxeron de acordo para peche "In sæcula sæculorum" un dos casos máis escandalosos de violencia policial protagonizado polos Mosso de'Esquadra de Catalunya no Raval barcelonés.


Todos, polo que din, quedaron satisfeitos co acordo, que implica dous anos de condena--que non de cárcere-- para media ducia de Mossos por "homicidio imprudente", para o cal os policías tiveron que refrendar un texto que non deixa lugar a moitas dúbidas: "Postos de común acordo e con identidade de propósito delictivo, tiñan como pretensión a de lesionalo contravindo, ao facelo, tanto as normas e reglas mínimas de coidado que se asumirían por un cidadán medio, como os seus deberes en canto á súa actuación como Mossos d'Esquadra no que respecta ás maniobras de contención e reducción do señor Benítez, prevaléndose da súa condición, o que coadyuvou de forma determinante ao seu falecemento".


Logo, aos dous anos, o Tribunal engadiulle o afastamento correspondente para que non patrullen polo mesmo lugar no que acabaron coa vida do desafortunado empresario, a suspensión de emprego e soldo durante a condena, un curso de "reciclaxe" profesional e unha indemnización de 150 mil euros para as irmás do Sr. Benítez, que non querían pasar polo mal trago de soportar o xuízo con xurado popular, para non ter que recordar imaxes que as "afectaban moito".


Como di o refraneiro popular, "el muerto al hoyo y el vivo al bollo".E apostrillo eu agora que acabou todo: Iustitia qualis est?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE