#Claves de la semana

​En Marea chama á unión para “botar das institucións ao PP”

Remitiu unha carta ao PSdeG e ao BNG para construír unha 'mesa de diálogo polo cambio político'


|



Tras celebrar a súa asamblea este domingo, En Marea quixo lanzar un guiño ao PSdeG e ao BNG, propóndolle crear un escenario de unión que lles permita "botar das institucións ao PP".


A través dunha carta, invita aos outros dous grupos a construír a 'mesa de diálogo polo cambio político' para elaborar un espazo de comunicación que escenifique "as estratexias" de cada formación contra o partido popular, e que podería reunirse por vez primeira na semana que vén.


Nesta misiva En Marea sinala que "o desenlace" dos "momentos decisivos" polos que atravesa o país depende, en "gran medida", do "papel histórico que cada unha das formacións decida adoptar no marco do cambio económico, social e político en curso".


"Hoxe conviven no noso país distintas maiorías sociais con diagnósticos diferentes sobre a actual situación política e as súas causas. Con todo, ao longo destes dous últimos anos, esas maiorías diversas lograron establecer algúns acordos fundamentais que as forzas políticas do cambio e progreso debemos atender", sinala a misiva.


En concreto, explica que se tratan de "consensos relativos á defensa dos servizos sociais básicos (sanidade, educación, persoas dependentes, etc.), á rexeneración democrática, ao cambio do modelo produtivo e á democratización efectiva dos procesos de toma de decisións sobre as cuestións centrais da vida política".

Neste sentido, o documento destaca que as forzas asinantes deste compromiso comparten un acordo básico que pasa por "desaloxar ao PP e ás súas políticas do goberno" nas eleccións xerais e autonómicas para atender a estes "grandes consensos sociais".


"Entendendo que o tempo constitúe un elemento crucial neste proceso, as forzas políticas asinantes convidámosvos a constituír unha 'mesa polo cambio político' cuxo obxectivo fundamental será compartir os marcos de análises das distintas organizacións que apostamos pola saída do PP e das súas políticas do Goberno de Galicia e do Estado español, e identificar liñas de traballo programáticas que faciliten a tradución construtiva das urnas en maiorías políticas para o cambio", conclúe


BAIXADA DE TENSIÓN


O envío desta carta prodúcese despois dunha asamblea na que En Marea escenificou unha rebaixa da tensión existente nas últimas semanas pola diferenza de posturas sobre a fórmula xurídica da coalición.


Xosé Manuel Beiras, restou importancia a esta diversidade de pareceres ao asegurar que "quen deseña as regras de xogo" é o "poder" que, precisamente, a esquerda rupturista "combate". "Un partido normal é moi simple, desde o principio sabe que vai ir (ás eleccións) como tal partido e sóbralle tempo para simplemente rexistrar que é ese partido", manifestou.


Fronte a iso, destacou que os procesos de confluencia "sempre son complicados" porque as forzas que os compoñen "son moi diversas". "Ou sacrificas todo a dar o salto de forzar unha fórmula técnico xurídica que che blinde por unha banda, aínda que non dá a garantía absoluta, pero iso pode impedir que realmente se realice o acordo en termos adecuados para que sexa asumido como o foi nos nosos discursos", apuntou.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE