​Volve Deleite, a marca dos gandeiros galegos

|


(foto:campogalego.com)


Un grupo de gandeiros galegos agrupouse para rescatar a marca Deleite, que volve esta semana aos supermercados co firme compromiso de manter altos parámetros de calidade, pagar prezos xustos pola súa materia prima e axudar ás explotacións máis tocadas pola crise do sector.


Será a primeira vez que os gandeiros galegos asuman directamente a comercialización a gran escala do seu produto, sen recurrir á industria intermediaria. A cooperativa detrás do proxecto fíxose coa malograda marca nunha poxa pública e producirá dende a antiga pranta de Pascual en Outeiro de Rei.


Pretenden recuperar os estándares de calidade que levaron no seu día a Deleite a converterse nunha marca popular nos fogares galegos, antes da polémica quebra na que os seus antigos propietarios foron condenados por apropiación indebida.


Agora Deleite renace das súas cinzas, con propietarios que coñecen de primeira man a crise de sector e que intentarán ganarse a confianza dos consumidores a través da calidade do seu producto e do compromiso social da súa marca, firmando contratos con prezos xustos e garantías de recollida para os gandeiros.


Contan con volver de forma progresiva aos diversos supermercados e áreas comerciales galegas. 

relacionada ​A UE non intervirá os prezos do leite
relacionada ​Os gandeiros chegarán "ata donde faga falta" para evitar o peche de máis de 3.500 granxas
relacionada Leite Río abandona a recollida de leite en granxas de Ordes e Compostela

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress