O de Hipercor non debe esquecerse

Manuel Fernando González Iglesias


Para os xornalistas que cubrimos a información aquel 19 de xuño de 1987, a data resúltanos inesquecible. Polo que vimos e polo que contamos, aínda gardamos un sentimento de horror polo asasinato de 21 concidadáns e as feridas causadas a outros 45 para os que a vida, a partir daquel momento, escureceuse para sempre.


Unha focha duns cinco metros na primeira planta do aparcadoiro converteuse nunha cheminea mortal pola que se coou unha bóla de lume tipo napalm a 3.000 graos de temperatura que arrasou todo o que pillou ao seu paso. Era a consecuencia directa da carga explosiva de 200 quilos que colocaran nun Ford Sierra os integrantes do Comando Barcelona que formaban Josefa Ernaga, Rafael Caride e o sanguinario Domingo Troitiño, quen escusándose nunhas confusas chamadas feitas á Garda Urbana trataron de xustificar a barbaridade que cometeran.


Hoxe visita Barcelona, recentemente saído do cárcere, o representante da "asa mediática" de ETA, Arnaldo Otegui, convidado pola CUP, Iniciativa, Podemos, Esquerra Republicana e Converxencia que, por aquel entón, mandaba na Generalitat. O recibe con todas as honras a Presidenta do Parlament Carme Forcadell no seu despacho oficial da sede parlamentaria de todos os cataláns. O President Puigdemont garda as formas con sabio criterio, dando un paso ao lado.


Todos sabemos o que pasou en Hipercor. Otegui, que pertence á xeración de ETA á que non se lle debería permitir facer política pola súa moi escasa convicción democrática e por ter as mans manchadas de sangue, non vén pedir perdón, senón a facer campaña para a súa nova formación política. Estratexia para a que vai recibir axuda de quen relacionei como os seus anfitrións, entre os que debe destacarse por encima de todos á Presidenta do Parlament quen, unha vez mais, demostrou a escasa intelixencia política que posúe e o sectarismo polo que se guía.


Queda todo dito pois e ademais escrito. Que cada cal asuma o seu papel, pero a quen traballou como xornalista aquel maldito 19 de xuño nunha emblemática radio barcelonesa que se chamaba Radio Miramar, parécelle lonxe de calquera ideoloxía, que "o de Hipercor non debe esquecerse", porque foi un masacre incalificable contra Catalunya e a liberdade de todos os cataláns. Algo, que naquel instante, nin sequera puxeron en dúbida Converxencia e Iniciativa, dúas dos que agora lle fan a onda ao representante dos asasinos con vergoñosa desmemoria histórica, mentres que os socialistas que entón tiñan un alcalde emblemático á fronte de Barcelona, escóndense nun segundo plano lamentable, deixándolle á dereita civilizada ou á radical o honroso papel de lembrar aos barceloneses asasinados e ás familias ás que se lles esnaquizou a vida para sempre. Qué clase de esquerda é esta?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress