As auxiliares galegas queren fabricar un terzo das pezas do novo modelo de Citroën
Feijóo fala dunha inversión de 3.000 millóns por parte da industria auxiliar

Unha vez conseguida a adxudicación do novo modelo de Citroën para a planta de Vigo, comeza a carreira das auxiliares galegas para facerse coa fabricación das súas pezas.
En concreto, aspiran a fabricar o 30 por cento das pezas deste novo modelo, segundo avanzou este venres o presidente do Clúste de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), Luciano Martínez Covelo.
Sinala que o “reto” da industria auxiliar é que se fagan en Vigo e Galicia o maior número posible de componentes, cuxo proxecto industrial bautizou co nome de ‘V20’.
Fixo estas declaracións tras reunirse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que asegurou que a inversión de 640 millóns de euros anunciada por PSA Peugeut Citroën irá acompañada doutros 3.000 millóns de inversión por parte da industria auxiliar.
El nuevo modelo de Citroën se fabricará en Vigo desde 2020
Escribe tu comentario