Alucinante

Manuel Fernando González Iglesias

Esa é a palabra máxica que acaba de regalarnos o expresidente da Generalitat Artur Mas para cualificar o feito inapelable de que as bases da CUP decidisen pedirlles aos seus representantes parlamentarios que rompan o pacto que asinaron in articulo mortis co propio Mas e ERC para salvar o famoso "proces".


Que me perdoe o pai do tan polémico pacto, pero a moitos cataláns o que nos pareceu realmente alucinante, e así o comentamos nesta mesma sección por aquel entón, era que a dereita catalá fose capaz de pactar cun colectivo antisistema que eran os seus máis encarnizados inimigos tradicionais, con tal de salvar un status político en fase de afundimento total.


Vese que o ex Molt Honarable --que estes días anda, como Santa Teresa de Jesús, de Fundacións partidarias-- non ve moi conveniente para os seus intereses políticos que os ‘cupaires’ le fagan un corte de mangas ao seu unxido Puigdemont, xa que, de facelo "agora mesmo", como pretenden os asemblearios, iriamos a eleccións no outono e, o que é peor, sen un euro orzamentario que levar aos petos. Un desastre que a dereita española aproveitaría nestas xerais para subir en votos e en escanos, que significarían a morte en vida do partido "non nato" que sairá da auto-inmolada Convergencia pastoreado polo profeta Masías.


Mas, como Aznar, andan a darlle voltas ao rodo político para recuperar o poder que un día tiveron, porque non se afán a que España e Catalunya poidan vivir sen eles, mesmo mellor. Son tan importantes que a súa vaidade non lles cabe nin unindo a catedral de Burgos e a Sagrada Familia , ou se me son Vds. ateos, o Bernabeu e o Nou Camp. Se Rajoy volve gañar as eleccións e os da CUP cumpren o que acaban de votar, seguramente a estas dúas figuras irrepetibles haberá que encargarlles que escriban as súas memorias en varios tomos, a fin de que a maioría dos cidadáns podamos vivir en harmonía e prosperidade os próximos decenios.


Pero por que a algunha xente custaralle tanto irse á súa casa e deixar ao seu próximo en paz? Alucinante!

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE