#Claves de la semana

​Feijóo defende as “mal chamadas reválidas” de primaria no parlamento galego

Nega que exista un clamor social en contra e acusa ao BNG de mentirlle ás familias


|



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este mércores no parlamento as “mal chamadas reválidas” de 3º e 6º de primaria, que se celebraron durante as últimas semanas cun elevado grado de abstención por parte das familias.


Fíxoo ante as críticas da voceira nacional do BNG, Ana Pontón, que lle pediu que non fose un “déspota ilustrado” e escoitase o “clamor social” da comunidade educativa, pedindo desculpas e renunciando a probas cunha abstención que cifrou no 82%, citando os datos recollidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na que os nacionalistas están integrados.


Pero Feijóo espetoulle a Pontón que o “suposto clamor” do que fala está “alentado por vostedes mesmos”. Asegura que non ten nada que obxetar ás familias que “deciden voluntariamente” non enviar aos seus fillos á proba, pero acusa ao BNG de “engañar á xente” con mentiras como que “é un exame” o que “haberá un ranking de centros”. Recorda que as probas de primaria están fixadas por lei e considera que os nenos que quedaron na casa, un 40% segundo as contas da Xunta, o fixeron engañados polo alarmismo dos convocantes do boicot.


Estes argumentos non convenceron á voceira nacionalista, que insistiu no turno de réplica en que houbo unha “maioría social que se expresou con contundencia”, acusando ao goberno de Feijóo de estar “cercenando un dos piares” do estado de benestar, “recortando en Educación”.


Como resposta, Feijóo defendeu unha vez máis a “liberdade” das familias, mostrou unha foto de Pontón nunha concentración contra as probas e concluiu asegurando que “ante o vicio de facer ideoloxías nas aulas, está a virtude de enchelas de coñecemento e liberdade”. 

relacionada ​As familias repiten o boicot na reválida de 3º de primaria
relacionada ​A PGDEP reclama que a Xunta asuma "o estrepitoso fracaso" das reválidas de primaria
relacionada ​4 de cada 5 alumnos do ensino público quedaron na casa para evitar a "reválida" de 6º segundo a PGDEP
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE