#Claves de la semana

​As familias repiten o boicot na reválida de 3º de primaria

A PGDEP fala dunha abstención entorno ao 82%, cifra que a consellería recorta ata o 40%


|




"reválida" de 3º de primaria repetiu a alta porcentaxe de abstención que xa se rexistrara nas probas de 6º celebradas hai dúas semanas, superando o éxito do boicot que xa se convocara hai ano. 


A consellería de Educación recoñece nas súas cifras oficiais unha abstención do 40%, fronte ao 20% de alumnos que segundo a administración quedara na casa hai un ano. 


No caso dos colexios públicos, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, unha das convocantes do boicot, eleva a cifra de abstención ata o 82%, superando o 50% que segundo eles se conseguiu hai un ano e incluso repuntando levemente a que se acadou na proba de 6º.


Anxo Louzao, voceiro da plataforma, considera esta elevada insumisión como "unha chamada de atención rotunda" por parte das familias, que seguen negándose a que os seus fillos realicen unhas probas que "nada aportan ao sistema educativo" e pretenden "discriminar socialmente" ao alumnado máis desfavorecido. Destaca o feito de que en 3º de primaria os nenos non poden quedar na casa e que os pais ten que buscar alternativas, algo que para el proba a forza do rexeitamento cara as probas de evaluación.


Ademais, Fernando Varcárcel, presidente da Confederación de Anpas de Compostela, resaltou que o alto porcentaxe de familias que rexeita as probas "non pertence a unha ideoloxía, non son seguidores dunha única consigna". Asegura que o único que ten en común e o seu rexeitamento contra a Lomce, "unha lei que estorba, que discrimina, que clasifica". Considera que a consellería está "actuando contra a cidadanía", algo que non pode facer: "se o 80% das familias non queren reválidas non se deberían poder facer".

relacionada Comeza cunha nova chamada ao boicot a "reválida" de 3º de primaria
relacionada ​A PGDEP reclama que a Xunta asuma "o estrepitoso fracaso" das reválidas de primaria
relacionada ​4 de cada 5 alumnos do ensino público quedaron na casa para evitar a "reválida" de 6º segundo a PGDEP
relacionada A Xunta conta conque as reválidas de primaria "se vaian normalizando" cos anos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE