#Claves de la semana

​Denuncian "unha actuación ilegal" para "crear un centro concertado da Igrexa" en Santiago

A CIG-Ensino critica que a compostelana Casa do Neno oferte prazas nun concerto que aínda non ten concedido


|

(foto:escolascatolicas.es)


A CIG-Ensino denunciou este xoves o que entende como "unha actuación ilegal e frautulenta" para "crear un centro concertado da Igrexa" en Santiago de Compostela a través do concerto dunha unidade de primaria na Casa do Neno, do Arcebispado de Santiago.


Na actualidade este centro conta con tres unidades concertadas de infantil e ten solicitado a Eduación o concerto para primeiro de primaria. Pero segundo denuncia Anxo Louzao, voceiro de CIG-Ensino, o centro xa ofertou 25 prazas e admitiu a oito nenos ser ter polo de agora concedido este novo concerto.


Por iso enviaron un escrito á Comisión de Escolarización para denunciar que se actuou, ao seu xuízo, "de maneira fraudulenta" porque "o centro non está concertado". Neste sentido, lembrou que Casa do Neno "pedía concertar dúas unidades" ao que a Consellería de Educación lle contestou que as "necesidades educativas" da zona estaban cubertas e propoñía conceder o concerto dunha unidade de primaria.


Esixen "depurar responsabilidades en toda esta actuación" e que rectifique na concesión deste concerto "na medida que recoñeceu que estaban garantidas as necesidades do alumnado".


Reprochou á Xunta que "se pliegue a disposición da Igrexa" e propoña concederlle un concerto cando a Administración educativa "recoñece que non é necesario" por estar "cubertas as necesidades". Por todo iso, pídelle que rectifique.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE