#Claves de la semana

Beiras nega que En Marea estea en perigo

A pesar dos comportamentos "incongruentes" dalgúns cadros


|


Xosé Manuel Beiras, líder dunha das tres patas fundamentais que sostén En Marea (Anova) nega que a coalición estea "en perigo". Pero aínda así, insiste en que hai  "comportamentos dalgúns cadros" que son "incongruentes" co principio de que "o motor do cambio está na cidadanía que se activou e que dá un carácter específico ás mareas".



De feito, preguntado polos xornalistas respecto diso antes de acudir á presentación dun libro sobre a "mercantilización" da sanidade, o portavoz de AGE recalcou que "a coalición non está en perigo" pero si "a capacidade que teña esa coalición para cambiar as cousas, tal e como están a dicir".



"É un síntoma de que tamén na bancada de aquí hai que ter coidado con determinado tipo de actor político, que non di a verdade e non cumpre o que predica", profundou nas súas críticas, partidario de "lograr que esa masa absolutamente maioritaria que determina a unidade popular sexa capaz de erradicar esas cousas" e conducir a En Marea aos seus "máximos resultados" tanto en Galicia como en España.



E é que, como advertiu, chegar ao goberno supón "unha loita terrorífica" contra "os grandes poderes" que --exempificou-- "aboliron a soberanía popular" en Grecia ou "reparten narcótico á xente para que siga votando ao PP a pesar de que é unha peste de corrupción". "Por iso é tan grave que haxa quen non entende que esa loita está por encima de calquera interese persoal", sentenciou.



"DESMANTELAMENTO" DA SANIDADE



Por outra banda, xustificou a súa presenza no acto de presentación dun libro sobre o "desmantelamento sistemático da sanidade pública e universal" a través dunha "enorme ofensiva" posta en marcha polo PP desde os gobernos central e galego.



"É un libro absolutamente indispensable para que os lectores saiban realmente que está a ocorrer", remarcou Beiras tras criticar o "descaro" co que os altos cargos da Xunta, por exemplo, afirman no Parlamento que "están a traballar para o mantemento da sanidade".



Relacionou a situación que atravesa este servizo público con "o armazón de interese de enormes empresas transnacionais", tanto do ámbito tecnolóxico como farmacolóxico, entre outras. "Todo está ao servizo deses pólipos, que están en compenetración con altos cargos", denunciou así "as portas giratorias".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE