#Claves de la semana

​Caballero saca adiante a zona de libre horario comercial para Vigo

Aplica unha lexislación estatal para cidades que superan as 600.000 pernoctacións turísticas


|


A maioría absoluta de Abel Caballero (PSOE) permitiulle sacar adiante no pleno de Vigo a declaración de zona gran afluencia turística, delimitando varias áreas da cidade donde haberá libre horario comercial.


Esta medida desenvolve unha lexislación estatal para cidades que superan as 600.000 pernoctacións turísticas, delimitando como zonas de gran afluencia o Casco Vello vigués, parte do centro e o barrio histórico de Bouzas.


A proposta tan só foi apoiada polos concelleiros do PSOE, pero aínda así os socialistas vigueses consideran que esta proposta nace do "consenso" xa que conta co apoio dos sindicatos e de 18 asociacións de comerciantes e hosteleiros. Así o defendeu o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, que asegurou que hai "miles de autónomos encantados" coa declaración.


Non o ven así nas bancadas do partido popular de Vigo. A súa voceira, Elena Muñoz, puxo en dúbida que a proposta do goberno saíra dun consenso real, acusando ao concelleiro de Comercio de ter presentado "ata tres propostas diferentes" ás asociacións, empregando métodos "parecidos aos da mafia" para conseguir o seu apoio. Ademais, augura que a declaración será "tumbada nos tribunais".


Do mesmo xeito, o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, tamén expresou o rexeitamento do seu grupo acusando ao goberno de ter recurrido ao "chantaxe" ás asociacións de comerciantes, tomando decisións "lesivas" para este sector. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE