As bicicletas tamén matan

Manuel Fernando González Iglesias

Acaba de falecer a señora que o pasado 27 de Abril foi atropelada por un ciclista na confluencia do barcelonés Paseo de Gracia coa calle Córcega. E aínda que todo o mundo, incluida a familia, dá por feito que foi un desgraciado accidente e que o ciclista atendeu á súa vítima, a min ocórreseme que, vendo o que pasa na rúa na que traballo, pódese e débese escribir algo, sobre un tema, ao que os consistorios de todas as cores ideolóxicas, non acaban de atoparlle solución.


Para comezar, póñolles o exemplo que máis coñezo no municipio que agora goberna Ada Colau: Ronda Universidad esquina Balmes, ou sexa, centro de Barcelona e lugar emblemático polo que pasean miles de persoas e circulan tamén miles de vehículos de todo tipo. As beirarrúas están feitas un completo desastre de tantos buracos que permitiu e permite horadar o concello, nese pavimento de vergoña allea, os transeúntes de máis idade tropezan continuamente e caen. Se esto fora América os bufetes de avogados terían póstose as botas en pleitos contra o consistorio. Por si fora pouco, o estado do chan polo que só deberan circular os peóns, na maior parte da beirarrúa, dende Balmes a Praza de Catalunya aparcan decenas de motos sen limitación de ningún tipo. Nos poucos claros que quedan, sitúanse as terrazas dos bares, de tal forma que, veciños e transeúntes dispoñen dun pasillo de pouco máis dun metro. E precisamente, neste exiguo espazo aparecen tamén os ciclistas que te pillan, sí ou sí, cando abandonas o teu portal despistado e sen esperalos, sobre todo se vén na dirección contraria ao paso dos coches. Tes que asomar a cabeza para mirar antes de dar un paso adiante como se a beirarrúa fora un campo de batalla. Como se che ocorra decirlles algo ou te sacuden ou te din de todo menos bonito. Por suposto, a Guardia Urbana non está, xa que os azuis só aparecen para os controis/multas cos que reciben aos coches e motos que baixan pola rúa Balmes e se dirixen á confluencia con Pelai. Só medio durmidos ás oito da mañá. Os axentes precisan un par de horas para poñerse as botas e agotar os seus blocs de traballo. Do resto de cousas, nin se ocupan, nin niguén lles di que o fagan. Con semexante panorama, Barcelona vista dende esta atalaya urbana, parécese máis a Sarajevo en plena guerra dos Balcáns que a Amsterdam, donde os ciclistas son "os putos amos" das súas rúas.


E claro, aos que xa temos unha idade e non temos a axilidade dos mozos, pero aos que nos cobran os impostos como se tivéramos vinte anos, non nos gusta que nos atropelen e ademais proclamamos a nosa particular utopía de que á xente non a educaron para que polas beirarrúas vaian os ciclistas, senón as señoras cos seus carros, os nenos cos seus papás, os anciáns cos seus bastóns, os traballadores coas súas xestións do día a día e non Giacomo Nizzolo, que acaba de gañar o Giro. Iso segue sendo un feito antinatural, por moito que os políticos traten de convencernos de todo o contrario para gañarse os votos dos fanáticos das dúas rodas..


A min cando era un chófer inexperto ensináronme a gardar a distancia na estrada cos ciclistas. E, a día de hoxe, os meus fillos chámanme tartaruga, porque este mandamento respétoo a machada aínda que me trague máis dunha cola indebida. Pásome de prudente, porque me sublevan aqueles conductores que borrachos ou tolos matan a ciclistas indefensos e despois se dan á fuga. Un feito, ao meu entender, penado benignamente e que debera causar un gran rexeitamento social e un severo proceso reeducativo para os causantes de tanto sufrimento innecesario. Dito o cal, queda tamén pendente e pola vía de urxencia, que se lle esixa ao estado que constrúe as estradas habilidando un vial para os conductores de dúas rodas coas debidas proteccións que eso require, algo que en pleno século XXI segue sendo un avance galáctico, cando xa debería exister hai moito tempo por norma e por lóxica.

¿E na cidade? Primeiro os peóns, despois os peóns e a continuación... unha civilizada convivencia entre ciclistas, motos, transporte público e coches que, de momento convicen ao seu particular criterio, con algún que outro parche mediáticos dos carrís bici, carrís bus, carrís taxi e pouco máis que "improvisaron desordenadamente" os municipios democráticos.



Así non podemos seguir, e quenes nos gobernan, non poden delegar no san xuízo dos contribuíntes a responsabilidade que só lles compete a eles. Non pagamos impostos para que as solucións as poñamos os cidadáns. Por iso, cabe esixir a quenes dirixen o cartapacio municipal que se poñan a traballar e polo menos impoñan unha norma que respetemos todos e que evite os accidentes urbanos especialmente entre bicicletas e peóns. Polo menos, iso...


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE