​Pouco cine e moito fútbol en Galicia

De media, os galegos asisten menos ás salas de cine e máis a espectáculos deportivos con respecto ao conxunto dos españoles


|




Acaban de facerse públicos os datos do Instituto Nacional de Estatística sobre a participación global dos adultos galegos en acontecementos culturais e deportivos durante o ano 2015, demostrando que os galegos somos máis de espectáculos deportivos e menos de ir ao cine que o conxunto dos españoles.


Así, tan só o 16,7% dos galegos acudiu máis de 3 veces ao cine durante o pasado ano, fronte ao 20,1% do conxunto estatalo. Pola contra, os galegos superamos en catro puntos a media de asistencia a acontecementos deportivos (18,2% fronte ao 14,3% de media), nunha categoría na que o fútbol segue sendo o claro protagonista.


Tamén superamos a media estatal de asistencia a teatro e concertos (un 14% dos adultos da comunidade asistiu máis de tres veces nos últimos 12 meses, fronte ao 12,3% estatal) e lugares de interese cultural (15,2% fronte a un 14,7%).


PARTICIPACIÓN SOCIAL E PÚBLICA


En canto a participación social e pública en 2015, o INE establece que un 36,6% dos adultos utiliza moito (diaria ou semanalmente) as redes sociais, e un 60,1% úsaas pouco (unha vez ao mes ou menos ou nunca).


Participa en voluntariado á marxe de organizacións que se dediquen a estes fins un 8,4% dos galegos, e unha porcentaxe similar (o 8,9%) desenvolve estes labores a través dalgunha organización.


Por último, un 8,2% dos galegos adultos participa en actividades de partidos políticos, en manifestacións e en actividades similares a esta.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE