#Claves de la semana

Navantia conmemora o centenario da Escola Obreira de Ferrol

Onde se formaban os fillos dos traballadores do estaleiro


|


A empresa pública Navantia presentou e iniciou este martes os actos para conmemorar o centenario da desaparecida Escola Obreira de Ferrol, que terán o seu punto álxido durante os meses de outono deste ano.



Foi no ano 1915 cando comezou a súa andaina a Escola Obreira de Ferrol, para poder impartir coñecementos elementais a 200 nenos con idades comprendidas entre os cinco e os 10 anos, ademais de ensino de artes e industrial a outros 100 alumnos de entre 10 e 15 anos. Ambos debían reunir un denominador común para poder cursar os seus estudos: ser fillos de obreiros do propio estaleiro.



Aínda que o seu inicios remóntanse ao ano 15 do século pasado non é ata un ano máis tarde, en 1916, cando se legaliza e consolida este escola, pasando da súa primeira localización, na actual rúa do Sol, no barrio da Magdalena, a estar situada nas instalacións do propio estaleiro, nun edificio xa derruido e que ademais contaba cun acceso propio desde o exterior.



A presentación das actividades programadas para conmemorar esta efeméride foron presentadas no propio estaleiro, nun acto que reuniu ao alcalde de Ferrol, Jorge Suárez; o almirante do Arsenal, Francisco Javier Romeu Caramelo; ao director de Navantia Fene-Ferrol, Xullo Martín; e á vicerreitora do Campus de Ferrol da UDC, Araceli Torres.



LIBRO CONMEMORATIVO



Ademais, para conmemorar esta centenario está a elaborarse un libro no que diferentes autores expoñerán baixo o seu criterio o que supuxo a creación desta Escola Obreira de Ferrol, o seu funcionamento e tamén a súa posterior desaparición, no ano 1976.



Nel están a traballar, entre outros, Miguel Rodríguez, enxeñeiro naval e actual responsable da área de reparacións de Navantia nos dous estaleiros da ría de Ferrol, que se centrará en "a razón da Escola Obreira de Ferrol"; así como o historiador ferrolán Guillermo Llorca Freire, que situará no contexto das diferentes épocas este lugar de ensino.



A obra tamén recollerá testemuños dalgúns exalumnos que se formaron nestas dependencias e que posteriormente pasaron a formar parte do persoal da por aquel entón denominada Empresa Nacional Bazán, como Amadeo Varela, Juan José Rodríguez dos Ríos --quen foi tamén integrante da coral polifónica coa que chegou a contar a empresa pública-- e Siro López, caricaturista e xornalista, que foi aprendiz en Bazán.



A publicación tamén terá representación política e sindical, da man, no primeiro caso, de Manuel Couce Pereiro, quen foi alcalde de Ferrol e deputado autonómico polo PSOE, ademais de traballador do sector naval. En paralelo, o actual secretario xeral de CC.OO., Ignacio Fernández Toxo, elaborará un texto baixo o título 'As raíces do movemento sindical na escola obreira e na escola de aprendices', xa que foi aquí onde o sindicalista iniciouse no seu labor.



EXPOSICIÓNS E CONFERENCIAS



Adicionalmente, nos meses de setembro e outubro, o Museo da Construción Naval (Exponav), acollerá unha exposición sobre este centenario e a aproximación da escola nos seus diferentes contextos históricos nos que permaneceu activa, ademais de varias conferencias semanais, principalmente os xoves, con testemuños dalgúns exalumnos.



Tamén está operativa xa unha páxina web coa información recompilada, e que inclúe varias fotografías, e abrirase outra publicación en Facebook.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE