O SORPASSO

Manuel Fernando González Iglesias

Andan as enquisas dándolle serios disgustos aos dirixentes socialistas da madrileña rúa Ferraz. É como se todas as forzas do averno se tiveran conxurado contra o partido que fundara o avó Pablo Iglesias (non confundir co coletas actual) para aparcalo o próximo día 26 de Xuño, xusto na "pendente histórica" da terceira praza electoral, dende a que iniciaría unha triste deriva cara o museo da historia para acompañar de forma irreversible ao PSI de Bettino Craxi ou ao PASOK da familia Papandreu.


Podemistas e comunistas andan nelo, pero tamén Mariano Rajoy e ata a Sexta do difunto José Manuel Lara, que non entendeu que a verdadeira mensaxe do editor, que quería unha canle de televisión no centro dereita e outro no lado socialdemócrata, que non no filo comunista, que é a donde conduciron á sexta os Ferreras, Wyoming e outros progres, baixo a insconsciente mirada de Josep Creuheras que deixa facer políticamente, sen calcular as consecuencias empresariais da súa deixadez xerencial. A Lara iso non lle pasou, ni cremos que lle tivera pasado nunca porque ademais de ter as ideas claras, non se enrrugaba ante ninguén. Pero, a vida é como é, e agora, este lío, só o poden arreglar as urnas.


E nesa estamos, cuns cidadáns que non queren que lle cambien a súa estabilidade moi na liña de "Virgencita que me quede como estoy" que defende Rajoy "o Inerte", ou no outro lado da trincheira, onde se aplica aquelo tan hispano de "éstos non saben con quén están falando e vanse enterar" unificando nunha soa palabra, "podemos", todas as cuestións pendentes, incluso os fracasos personales como o do califa Anguita, para converter en terra queimada ao socialismo español que durante máis de cen anos foi a referencia da esquerda neste país. Neso anda unha boa parte do electorado, e polo que din os estudos de campo, vai camiño de conseguilo, resumindo a súa fazaña, tamén, nun só vocablo: Sorpasso.


Porén, votos e escanos aparte, se ti lle preguntas á xente se o socialismo é unha ideoloxía morta, sen seguidores empíricos lonxe do partido da rosa, poucos o recoñecen, porque, ou se sinten socialistas puros aínda que non militen nin vote aos do PSOE, ou tal vez, porque consideran que os que se quedaron coa marca en Ferraz ou en calquera das súas baronías, son os menos socialistas dos miles que quedan neste país. Ou sexa: que estamos ante un voto de castigo aos políticos do PSOE e non ás ideas fundacionais e internacionalistas que representan as súas siglas.

Vamos, que o fixeron tan mal os dirixentes que herdaron a victoria do 82, que, agora mesmo, non hai forma de que á xente se lle pase o cabreo que ten contra un partido que se foi á dereita por culpa, non dos seus militantes, senón tan só dos seus dirixentes.


Con semellante panorama, non é de extrañar que Podemos, a quen lle importan un pito as súas bases-non temos máis que preguntarlles aos centos de concelleiros dos diferentes concellos como se senten tratados polos Iglesias, Errejón ou Echenique-, teñan no seu saco electoral miles de votos de sociatas cabreados, que sumados agora aos que levaron ao comunismo español do prestixio da clandestinidade á insignificancia, e aos desesperados que se quedaron sen traballo e sen casa, meterlle un susto ao IBEX e aos seus aledaños de tan graves proporcións que xa veremos logo como se arregla ante Europa e o Mundo mundial da economía insolidaria.


¿Qué pode facer o PSOE? De momento, ... nada, porque a democracia é eso: o poder para o pobo, e ese aínda ten que decidir o que considere oportuno a finales de xuño. Qué será para eles, ou darllles unha nova oportunidade para que refunden ese vello partida, adecuándoo ás súas ideas orixinales, ou ben disolvéndoo e integrándoo nunha "nova esquerda" na que, seguro que se van a reencontrar con vellos compañeiros que, agora mesmo, están completamente perdidos e terriblemente indignados polo exterminio ao que se someteu a toda a clase media deste país, principal nicho de votos do PSOE nos últimos trinta anos, co "ver, oír e calar" dun dos dirixentes sociatas, conformistas, corruptos e sobre todo, moi incompetentes.


¿Qué puede hacer el PSOE? De momento,... nada, porque la democracia es eso:el poder para el pueblo, y éste todavía ha de decidir lo que considere oportuno a finales de junio. Qué será para ellos, o darles una nueva oportunidad para que refunden ese viejo partido, adecuándolo a sus ideas originales, o bien disolviéndolo e integrándolo en una"nueva izquierda" en la que, seguro que se van a reencontrar con viejos compañeros que, ahora mismo, están completamente perdidos y terriblemente indignados por el exterminio al que se ha sometido a toda la clase media de este país, principal nicho de votos del PSOE en los últimos treinta años, con el "ver, oír y callar"de unos dirigentes sociatas, conformistas, corruptos y sobre todo, muy incompetentes.



Por eso, benvido sexa o sorpasso, se de verdade é que serve para algo políticamente útil, como entendo que o é para España que exista un PSOE semellante ao de 1982 forte e sobre todo de esquerdas de verdade, que defenda unha economía non á venezolana, senón á das grandes democracias occidentais. 


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE