Traballadores de varios hospitales rebélanse contra o peche de camas
Santiago, A Coruña e Vigo acollen concentracións contra os peches previstos polo Sergas nas súas áreas sanitarias

O Servizo Galego de Saúde conta con pechar máis de 900 camas este verán, unha cifra semellante ao do ano pasado. Pero por moito que non sexa ningunha novidade, a decisión segue sen sentar ben entre traballadores e sindicatos das principais áreas sanitarias, que organizaron concentracións este mércores demandando a plena utilización dos recursos dispoñibles.
En Santiago, os sindicatos cargaron contra un peche de "polo menos 250" camas que consideran carente de "lóxica asistencial, xa que entenden que "non é certo que en verán haxa menos pacientes". Nunha concentración no vestíbulo do Hospital Provincial de Conxo, a súa voceira Lourdes García asegurou que no CHUS xa hai "a día de hoxe unidades enteiras vacías" nun peche que "non é estival, porque hai unidades como neumoloxía e medicina interna que seguen cerradas en outubro e incluso novembro".
En A Coruña, os traballadores concentráronse na rotonda do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, criticando un peche de camas que consideran "indignante" e pedindo "responsabilidade" ante o "estado de abandono" do centro, con "masificación, incremento brutal das listas de espera, colapso dos servizos de urxencias e peche de camas hospitalarias continuado todos os veráns", segundo destacou a presidenta da comisión de centro, María Seijo.
No caso de Vigo, o peche de camas previsto para este verán ten sentado especialmente mal, xa que segundo ten denunciado en varias ocasións dende a Xunta de Persoal a área sanitaria padece as listaxes de espera máis amplas da comunidade.
Este martes o xerente da área sanitaria reuniuse cos traballadores nun tenso encontro que serviu para constatar a tensión existente, manténdose a convocatoria dunha concentración na entrada do Meixoeiro para a tarde do mércores, na que se pediu a apertura de todas as camas de hospitalización da área, ademais dunha unidade de críticos para este hospital e que non se produza nin unha derivación cara centros privados mentres existan camas libres.
Los sindicatos cargan contra el cierre "ilógico" de "al menos 250 camas" en Santiago
Escribe tu comentario