​Comeza o congreso de psicoloxía máis importante dos últimos 25 anos en Galicia

|







Os profesionais da psicoloxía ten esta semana unha cita en Santiago de Compostela, que acolle o congreso máis importante desta disciplina en Galicia dos últimos 25 anos. Trátase da terceira edición da reunión científica 'Camiños da Psicoloxía', que non se celebraba dene 1991 e que reunirá a 104 relatores de primeiro nivel, tanto de Galicia como do conxunto do estado.



Dende este mesmo xoves ata o vindeiro sábado abordaranse diferentes ámbitos como a saúde, a educación, a xustiza, os servizos sociais, o xénero... Dende o Colexio Oficial de Psicóloxía de Galicia afrontan esta reunión como unha "oportunidade excelente para actualizar coñecementos e reflexionar sobre os distintos aspectos do saber que conforman unha disciplina ampla con especial vocación aplicada".



A intención do congreso é "contribuír ao sostido crecemento científico e ao recoñecemento social que experimentou a Psicoloxía nas últimas décadas". Ao longo de tres días, en catro salas simultáneas, terán lugar 7 obradoiros, 11 conferencias e 23 simposios centrados en cuestións moi relevantes nas que a psicoloxía pode ser "parte da solución e desde logo, un recurso imprescindible para o benestar da cidadanía".


Cuestións de saúde pública de plena actualidade como o suicidio, a depresión ou o dano cerebral adquirido serán tratadas neste Congreso. Temas de especial transcendencia social, como a protección da infancia e da adolescencia, a intervención con menores infractores ou a corrupción, terán tamén o seu espazo dentro do programa. A seguridade viaria ou o envellecemento da poboación e as súas consecuencias centrarán algunhas das propostas, sen esquecer outras máis innovadoras, como son o coaching ou a psicoloxía deportiva.


Ademais dos simposios e conferencias, durante o xoves e o venres celebraranse obradoiros nos que se traballarán diversas competencias, desde o mindfulness ás ferramentas de avaliación do acoso no traballo, pasando polas competencias emocionais ou pola avaliación da credibilidade da testemuña, entre outros. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress