​Os sindicatos atribúen a baixada do paro á "estacionalidade"

|



Tanto CCOO como UXT e a CIG coincidiron en achacar a baixada do paro de 7.689 persoas coa "estacionalidade", consideran que é consecuencia da primeira rolda de contratacións que trae consigo a tempada estival.


Resaltan que os empregos creados son "precarios " e "temporais". En concreto, CC.OO. destacou que o 92,34 por cento dos empregos creados en maio eran temporais. Neste senso, a CIG tamén resaltou que "se asinan contratos de calidade ínfima" e que as persoas que acceden ao mercado laboral fano "con contratos de escasísima duración".


Ademais, UXT e CIG destacaron que un 53,7 por cento das persoas en situación de desemprego non percibe ningún tipo de prestación, o que supón un "risco de exclusión social" para estas persoas e as súas familias.


Neste sentido, a CIG denunciou que a Xunta non articule medidas nin para "paliar esta situación", nin para "crear emprego de calidade", nin para apoiar os sectores produtivos.


Ademais, CC.OO. demandou un "goberno estable no Estado" que aposte por un "cambio estrutural do modelo produtivo", unha medida que tamén apoiou UXT.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress