#Claves de la semana

O Servizo de Gardacostas requisa unha tonelada de peixe e marisco

O operativo máis destacado tivo lugar na Pobra, onde os axentes se fixeron con 110 butróns sen identificar e máis de 7 quilos de especies.


|

Ef2aa077ebf54832bf1a21ce7ded4e75


Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis dunha tonelada de peixe e marisco e máis de 950 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados esta semana. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 3.950 metros de artes de enmalle.


A Ría de Arousa foi escenario de diversas actuacións de gardacostas nas que os axentes comisaron 94 quilos de diversas especies, 155 aparellos de pesca e 1.500 metros de artes de enmalle. O operativo máis destacado tivo lugar na Pobra, onde os axentes se fixeron con 110 butróns sen identificar e máis de 7 quilos de especies.


En Vigo tamén se realizaron operativos contra a pesca ilegal que se saldaron co comiso de 761 aparellos de pesca, máis de 183 quilos de diversas especies e 600 metros de artes de enmalle. O operativo máis relevante realizouse na Guarda, onde os gardacostas incautaron 600 cacharros de polbo e os 85 quilos de polbo que contiñan estes aparellos ilegais. Noutro operativo desenvolvido en Tui os axentes de Gardacostas en colaboración cos da Policía Autonómica, realizaron un control por estrada no que comisaron 427 quilos de ameixa xapónica de talla antirregulamentaria.


A ría de Pontevedra tamén foi escenario de diversas actuacións contra o furtivismo nas que os axentes se fixeron con máis de 48 quilos de especies, 4 aparellos e 1.850 metros de artes de enmalle. A actuación máis destacada foi en Aldán e alí os inspectores comisaron preto de 22 quilos de diversas especies, a maioría raia e maragota.


Os gardacostas tamén fixeron diversas actuacións na ría de Muros-Noia nas que se fixeron con máis de 47 quilos de especies e cunha cacea. O comiso máis importante foi na zona de Castro de Baroña onde os axentes requisaron 23 quilos de percebe.


Na Costa da Morte os inspectores realizaron varios operativos que se saldaron coa aprehensión de 19 quilos de peixe e marisco e 15 aparellos de pesca. A actuación máis salientable desenvolveuse en Camariñas e resultou co comiso de 10 quilos de polbo e coa incautación de 15 aparellos de pesca, a maioría cacharros sen identificar.


Por outra banda, os axentes de Gardacostas en colaboración coa Policía Autonómica, realizaron un operativo contra os ilegais en Ferrol no que comisaron máis de 167 quilos de peixe e marisco e 14 útiles de pesca. A actuación máis relevante tivo como resultado o comiso de preto de 106 quilos de ameixa fina e berberecho e coa incautación de 3 sachos e 4 caldeiros.


Finalmente, na Mariña luguesa os axentes tamén realizaron diversos operativos nos que se fixeron con máis de 61 quilos de especies e un útil de pesca. O operativo máis destacable foi na lonxa de Celeiro, onde se aprehenderon de preto de 58 quilos de raia.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE